domingo, 22 de marzo de 2015

SUPERHEROES DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Steve Jobs
Steve Paul Jobs, de creenzas budistas, naceu o 24 de febreiro de 1955 en San Francisco (Estados Unidos) e morreu o 5 de outubro de 2011.

Foi cofundador de Apple xunto co seu amigo Stephen Gary Wozniak, "Woz".

Puxeron en marcha o primeiro ordenador persoal, inventou o "ratón", comprou unha empresa que transformou en Pixar e que se integrou en The Walt Disney Company.



Mark Elliot Zuckerberg, de creenzas xudías, naceu o 14 de maio de 1984 en Nueva York (Estados Unidos).

É o creador en 2004 de "Facebook", unha rede social de comunicación, para o que contou co apoio dos seus compañeiros de Harvard, o coordinador de ciencias da computación e dos seus compañeiros de habitación na Universidade.
Diferentes compañías, como Microsoft ou Apple, quixeron obter os seus dereitos, pero Mark subíu á rede a súa aplicación onde os usuarios podían descargala gratuitamente.
Actualmente é o personaxe de menos idade que aparece na lista de milmillonarios da revista Forbes.



William Henry Gates III, de creenzas católicas, naceu o 28 de outubro de 1955 en Washington (Estados Unidos).

É cofundador da empresa de software de Microsoft xunto con Paul Allen e creou "Microsoft Windows".
Actualmente é a persoa máis rica do mundo, segundo a revista Forbes.

Grazas a eles, e a outros como eles, as nosas vidas melloraron moito en comunicación, información e outras máis aplicacións coas novas tecnoloxías.

E agora, unha curiosidade...
Sabedes por que Mark Zuckerberg leva sempre unha camiseta lisa e de cor grisáceo?

No hay comentarios: