- Ceip Emilia Pardo Bazán (Chouzo)
- Ceip Frián-Teis
- Ceip Ría de Vigo
- Ceip O Pombal
- Ceip Carrasqueira
- IES O Castro
Tivemos moita sorte!!! Representaron para nós "A que sabe a Lúa" e fixérono moi, moi requeteben.
Logo houbo un tempo para merendar.
E por fin marchamos cara ao fondo dos xardíns do Pazo onde o alcalde dixo unhas palabras de parabéns por esta iniciativa e animando a súa continuidade.
Alí tamén fixemos as sinxelas actuacións que levábamos preparadas.
A nosa consistíu en recitar un poemiña de Antonio García Teijeiro so seu libro "Cacarabín, Cacarabón" .
Ao remate das actuacións, Andrea de Baobab Teatro, coa axuda de varios nenos, dramatizou o conto de "A Ratiña presumida".
Rematamos esta Quedada cantando todos xuntos, dirixidos pola profe de música Mónica Muñoz do Ceip Frián-Teis, a canción de "O libro máxico" de Migallas.
II QUEDADA LITERARIA 2015 by Slidely Slideshow
Saímos en varias noticias de prensa.
E tamén saímos na tele.
1 comentario:
Gustoume moito o video, foi unha visita moi divertida. O que mais me gustou
foi cando apareceu o coello Roque. Tamén me gustou compartir lecturas cos nenos do institutoe e que sairamos na tele. Lucas Perez
Publicar un comentario