miércoles, 10 de junio de 2015

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, PREMIO CLUBS DE LECTURA 2015

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares chéganos esta información.
O escritor Agustín Fernández Paz recibiu o Premio dos Clubs de Lectura por ser o escritor máis lido neste curso.

Figura elaborada pola escultora Cuqui Piñeiro especialmente para o Premio dos Clubs de Lectura
Gravación realizada na casa de Agustín Fernández Paz co gallo da concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2015, que lle foi entregado no transcurso da VIII Xornada dos Clubs de Lectura, o pasado 5 de xuño en Compostela. Agustín non puido estar presente e no seu lugar recolleu o premio o seu amigo e editor, Manuel Bragado.  
Porén, os asistentes puideron escoitar ao escritor as súas palabras de agradecemento e unha pequena disertación sobre o poder e a necesidade da lectura. 
 
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

No hay comentarios: