sábado, 24 de mayo de 2014

"MORGAN, O NENO CELTA"

Ao longo dos dous últimos trimestres, os alumnos de Alternativa de 2º B elaboramos un Kamishibai sobre un neno celta, tema do proxecto deste curso.
Daniel M. pensou o argumento e os demais colaboramos engadindo frases, personaxes, situacións...
Debuxamos, coloreamos, repetimos algunhas das láminas...
E por fin quedou rematado.
Eliximos aos compañeiros para representar por parellas.
Preparamos unhas invitacións, que nos quedaron chulísimas. 
E comezamos unha xira por titorías para facer as representacións. 
Fai "clic" no medio, no triángulo branco, e verás as fotos.


Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow
As nosas impresións son estas:
.
Foi unha experiencia moi interesante e moi divertida.
Pasámolo moi, moi ben.
Ademais, publicáronnos nun blog especializado en Kamishibai de Educación da Comunidade de Navarra e o noso é o seu primeiro Kamishibai en galego.
Gustaríache velo? Fai "clic" aquí e poderás entrar. 
E, se queres descargalo, fai "clic" aquí.

No hay comentarios: