domingo, 18 de mayo de 2014

1ª QUEDADA LITERARIA EN VIGO

Este ano 2014 os centros educativos 
  • Ceip Emilia Pardo Bazán-Vigo 
  • Ceip O Pombal
  • Ceip Ría de Vigo
  • Ceip Santa Mariña
  • Ceip Frián-Teis
  • Ceip Carrasqueira
  • IES Pino Manso
  • IES O Castro
reuníronse no parque de Castrelos para celebrar as Letras Galegas compartindo lecturas, poesía, historias, dramatizacións... en galego.
Os nenos e os profes intercambiaron agasallos de marcapáxinas representativos de cada centro.
1ª QUEDADA LITERARIA LETRAS GALEGAS 2014 on PhotoPeach  
A proposta desta xuntanza xurdiu o ano pasado na reunión de bibliotecarios celebrada no centro Manuel Antonio que, coordinada por Antonio Fernández Costas bibliotecario deste centro e coa colaboración do departamento de Normalización Lingüística do Concello, tivo un fantástico resultado.
Contaron coa presencia e participación de Uxía Blanco e autoridades do Concello.
Este evento foi publicado en varios xornais e no telexornal (a partir do minuto 11). Fai "clic" na imaxe.
 
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-15-05-14/2565635/

No hay comentarios: