Este curso visitáronnos os alumnos do CPI de Panxón e representaron "Conto de Primavera", unha adaptación do "Conto de Nadal" de Charles Dickens en conmemoración do bicentenario do seu nacemento.
"Ebenezer Scrooge é un personaxe malhumorado e gruñón que trata con desprezo e malos modais ao seu fiel empregado Bob Cratchit e ao seu alegre sobriño. Pero, cando o espírito das Primaveras pasadas, presentes e futuras arrástrao a unha viaxe, durante o cal descobre verdades que sempre se negou a ver, o corazón do vello avaro ilumínase e dáse conta de que debe actuar inmediatamente para contrarrestar tantos anos de egoísmo e rancor".CONTO DE PRIMAVERA polos alumnos do CPI PANXÓN on PhotoPeach
Tamén nos visitaron os alumnos da CEE Saladino Cortizo e representaron a obra "Soñamos".
Nunha tarde de choiva reúnense un avó e os seus netos.
O avó cóntalles como coñeceu á avoa que é o amor da súa vida, pois o máis importante na vida é a familia.
Os netos contáronlle o que querían ser de maiores: Lady Gaga, futbolistas e banqueiro.
Estes nenos nunca esquecerán a tarde que pasaron co seu avó e que o importante é ser feliz e atopar o amor.SOÑAMOS polos alumnos do CEE SALADINO CORTIZO on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario