lunes, 12 de marzo de 2012

TEATRO EN GALEGO

Os alumnos do 1º ciclo asistimos á representación da obra
"A PANTASMA DO PALCO"

Espectáculo musical no que cinco amigos buscan un lugar para ensaiar a música que lles gusta.
Mandoeu, Clarinazas, Ksiosei, MariChimpúm e Frautarina forman parte dunha banda de música e son en todo momento os protagonistas das historias que suceden.
Así, deciden probar sorte no xardín dun palacete abandonado aos arredores da vila.
Alí saben que hai un palco de música ao que ninguén foi dende hai moito tempo... porque, maila que está deshabitado, ás veces vense sombras e escóitanse belas melodías...
A PANTASMA DO PALCO on PhotoPeach


No hay comentarios: