«A pomba dona Paz»
de Ramón Caride
Ilustrado por Pepe Carreiro
Un conto para celebrar o día Escolar pola PazDona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En conto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños.
O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz.
A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática.
Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
Ramón Caride (Cea, 1957) é autor dunha estensa obra literaria que abrangue a poesía, a narrativa para adultos e a literatura infantil.
Pepe Carreiro. Debuxante e humorista. Creador da serie infantil Os Bolechas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario