miércoles, 26 de octubre de 2011

TALLER DE FOTOGRAFÍA


Participa e cubre a ficha

Ola "Compis":
Eu son a profe Silvia.
Aínda non me coñecedes todos e todas, porque cheguei nova este curso.
Son mestra de Educación Infantil pero tamén encántame traballar cós nenos e nenas un pouco máis maiores.
Sobre todo encántame traballar con vós o mundo da IMAXINACIÓN.
Este curso escolar ímonos mergullar no mundo da CREATIVIDADE.
Darémoslle a man á PINTURA e tamén á FOTOGRAFÍA.
Traballaremos toda a escola nun proxecto de PINTURA e coñeceremos a moitos pintores e as súas pinturas.
Pero tamén faremos un taller de FOTOGRAFÍA que terá lugar na biblioteca da escola, na Sala "Gonzalo Moure".
Podedes participar neste divertido TALLER todos aqueles nenos e nenas que sintan curiosidade por ela ou que simplemente desexan aprender un pouquiño máis sobre o mundo fotográfico.
Tedes que estar moi atentos e atentas pois dentro de pouquiños días haberá un carteliño polos corredores da escola coa primeira INFORMACIÓN do taller.
Ata entón, déixovos cun VÍDEO DE FOTOGRAFÍAS moi chulas. A ver que vos parece...


Saudiños e APERTAS. SILVIA

No hay comentarios: