jueves, 27 de octubre de 2011

BIBLIOTECARIOS REUNIDOS

Hai uns días tivemos unha das nosas reunións. Esta vez foi no cpi de Panxón.
Alí recibíronnos as compañeiras bibliotecarias e visitamos o seu centro ademais da Biblioteca.
Nesta ocasión acompañounos Luisa Sánchez, coordinadora dos voluntarios do "Proyecto Bubisher: un bibliobús para el Sáhara".
Hai unha proposta dun grupo de bibliotecas escolares de Ferrol de colaboración para este proxecto. 
BIBLIOTECA CPI PANXÓN on PhotoPeach

Botamos en falta a algúns dos máis veteranos e os das últimas incorporacións e esperamos que poidan asistir á próxima reunión que, se non hai incovenientes, será antes das vacacións de Nadal.

No hay comentarios: