Veu a vernos o escritor Ricardo Gómez e a contarnos como se escriben os contos e o importante que é a imaxinación para escribir.
Ao final entre todos imaxinamos un conto.
"Un conto no que había un coello branco que vivía na selva, un lugar moi perigoso.
O coello tiña uns dentes afiados e tamén tiña ás, pero el non o sabía...
Ademais, había no noso conto unha nena que estaba sentada debaixo dun baobab.
A nena, que se chamaba María, choraba porque non tiña dentes..."
RICARDO GÓMEZ on PhotoPeach
Unha nena fixo unha boa pregunta: " É duro ser escritor? "
Ricardo dixo: "Si, é duro, pero eu divírtome moito escribindo. "
Pasamos un rato estupendo e aprendemos moitas cousas.
Foi un encontro fantástico. Encantounos.
Grazas, Ricardo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario