domingo, 23 de enero de 2011

O BARDO ABELARDO


Hoxe veu o bardo Abelardo a visitar aos nenos de 1º.
Contounos os contos de:
"Vicentiño", un paxaro que descubriu que nas ramas das árbores aniñaba a palabra PAZ.
"O Carballo con botas", un carballo que naceu dentro da bota dun soldado que non quixo ir á guerra.
"O Trasno do lixo", un trasno que caeu dentro do lixo e ía manchando de lixo por todas partes e todos dicíanlle: "Non botes máis lixo! "
"O canto da Xácia", unha serea de río que ten un canto doce cando a auga está limpa, pero se está sucia o seu canto é duro e as augas vólvense perigosas...

Tamén cantamos unhas "Cantigas":
"A cantiga do barqueiriño"
"Miña avoa tinga un can"

Pasámolo estupendamente ben.
E aprendimos un montón de cousas.

O BARDO ABELARDO on PhotoPeach


Os Contos do bardo Abelardo - O carballo con botas from PAI Música on Vimeo.

No hay comentarios: