domingo, 26 de julio de 2009

GONZALO VOLVEU AO CHOUZO

O noso amigo Gonzalo Moure cumpre o que promete. Dixo que volvería e o día 12 de xuño estivo de novo no colexio.

Esta vez contounos moitas cousas doutros nenos. Nenos como nós, pero que viven de forma moi diferente e non teñen todas as comodidades nin os recursos que nós podemos gozar aquí e... que, ás veces, non aproveitamos.

Gonzalo, que sempre ten palabras moi interesantes, falounos dos nenos saharauis.

Falounos do noso futuro e dedicounos unha frase para que reflexionemos coa que fixemos uns bonitos marcapáxinas.


Grazas unha vez máis Gonzalo.

No hay comentarios: