23 Xaneiro
O Club de Lectura de 6º segue a súa imparable travesía
Coa profesora Chelo ao temón, o Club de Lectura gozou da obra de Jordi Sierra i Fabra, "Querido hijo estás despedido". Unha divertida historia que lles levou a reflexionar sobre a importancia de ser responsables, colaborar e respectar á familia. Aspectos fundamentais para crecer como persoas que favorecen unha boa convivencia. E é que, o vivir nun ambiente de agarimo e coidados paternales, lévalles en ocasións a confundir os coidados recibidos, emanados voluntariamente do agarimo dos seus pais, coa obrigatoriedade de que se lles de todo feito, a ausencia absoluta de deberes e o dereito para revelarse con malos comportamentos ou inadecuadas respostas cando se lles esixe que cumpran coas súas obrigacións mínimas. Unha gran elección para unha etapa na que xa poden recoñecer os seus posibles erros, véndose nos erros do protagonista da obra, e corrixilos canto antes para mellorar un pouco máis a atmosfera do seu fogar se procede.E, a súa próxima aventura? Viviranna ca obra "Emmie es invisible", de Terri Libenson, coa que se sumergerán no interesante mundo da autoaceptación e a amizade xenuína.
Parabéns polo voso entusiasmo e amor á lectura!!


No hay comentarios:
Publicar un comentario