miércoles, 24 de diciembre de 2025

 19 Decembro

Nadal. Máis tempo para ler!

Chegaron as vacacións de Nadal!

Para algúns, isto significa unha paréntese no trafego diario; para outros, supón un tempo extra para poñerse ao día con todo aquilo que se foi acumulando na lista de: "sen finalizar", ou de: "pendentes", por non dispoñer do tempo necesario para a súa execución. Para os amantes da lectura, é o tempo ideal para mergullarse nas novas aventuras que nos brindan as diversas editoriais!

Por si vos serve de orientación, Leolo déixavos aquí algunhas suxestións de lecturas, según a idade.

Xa sexa para facerllas chegar aos invitados do Nadal que nos visitan nestas datas (papa Noel, Reis Magos...), ou ben, para gozalas en calquera das diversas bibliotecas públicas que permanecen abertas como sempre!


sábado, 13 de diciembre de 2025

 

13 Decembro

 Xa se coñece a nova data do Club de Lectura de Adultos!

Finalmente o "Club de Dulzura", celebrará
a súa próxima sesión o venres 30 de Xaneiro! Animamos a toda a comunidade educativa a participar aportando as súas opinións sobre
a obra de Arantza Portabales: "O asasinato na casa rosa".

Lembrade!

Tedes unha cita:

Data: Venres 30 de Xaneiro 

Obra: ""O asasinato na casa rosa"

Autor: Arantza Portabales

Hora: 17:00h 

Lugar: Biblioteca Leolo

Esperámosvos!

  13 Decembro 

Os clásicos non pasan de moda!

Hoxe, Lola, fixo as delicias dos seus oíntes
poñendo voz ao
notable elenco de

admiradores de "
A
ratiña presumida", a famosa protagonista do tan versionado conto do escritor francés Perrault.

Un touro, unha gato, un can, un galo... permitiron á ratiña darnos unha lección de como debemos ser cautos á hora de elixir as nosas compañías: observando que os seus intereses sexan afíns e non deixándonos levar polas apariencias.

Moitísimas gracias, Lola, polo teu conto!

Podedes escoitar a historia de Lola picando na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1j2tW_XoB3wI675loiPKi9T1KNkASSJpN/view?usp=drive_link



 12 Decembro

"Cinco minutiños mais"  con Celia e Aixa!

Con Aixa e Celia, descubrimos nesta nova sesión de Contacontos, o relativo que é o tempo!

E, é que o tempo non transcorre de igual maneira cando nos divertimos que cando desexamos con vehemencia que algo ocorra xa! Ou, cando o reloxo xoga na nosa contra para chegar xustos ao traballo ou tomar un autobús, que cando só desexamos gozar uns minutos de relax! Se por algún motivo non puidestes gozar esta divertida sesión, ou desexades gozala de novo, non tedes máis que buscar esta obra, de Marta Altés, na Biblioteca!

Moitísimas grazas Celia e Aixa por esta tenra e didáctica historia!

Esperamos vervos moi pronto de novo!


 11 Decembro

Leolo preparou agasallos de Nadal para todos!


Leolo agárdavos na Biblioteca cun agasallo de Nadal!

Dado o seu gusto pola lectura, devandito agasallo non pode ser outro que un bo libro!

Non esquezades visitalo e elixir o que máis vos atraia! Feliz Nadal e gozádeo!

 10  Decembro

 Antía e Celia trouxéronnos un novo Contacontos!

Para esta ocasión, elixiron a divertida historia de Andy Cutbill:

"Primeira semana na escola de vacas". Os asistentes puideron gozar coa aventura de Marjorie e a súa peculiar filla Daisy, lembrándonos que cada un de nós ten os seus propios talentos! Só temos que descubrilos e potencialos en lugar de sentirnos acomplexados por non poseer os os mesmos que poseen os demais. E, polo mesmo motivo, non debemos xulgar aos demais pola súa apariencia.

Parabéns Celia e Antía polo voso éxito e esperamos escoitarvos de novo!


 9 Decembro

Leolo prepárase para o Nadal Atentos amantes da lectura!

Ao longo das pasadas semanas Leolo deixouvos unha gran cantidade de novos títulos das vosas lecturas preferidas no recuncho de "Novidades".

E, para este Nadal?

Ademais de ambientarnos a Biblioteca, Leolo, nun ilustrativo cartel, deséxanos un

"feliz Nadal e Boas lecturas!", mentras nos lembra que "a lectura é un agasallo que nunca pasa de moda", e nos invita a "descubrir novas historias e compartir momentos máxicos!". Para iso,
deixounos no expositor de lecturas especiais, un nutrido número de obras clásicas e non clásicas propias de estas datas!

lunes, 1 de diciembre de 2025

 28 Novembro

Volveu o Contacontos de Familias á biblioteca!

Este venres, Daniel e Nora colaboraron coa súa nai, Beatriz, devolvendo a alegría á biblioteca ao retomar a actividade de Contacontos de Familias! Tras a divertida historia elixida: "Chibos Chibóns" de Olalla González, coa que nos quedou claro que máis vale forza que maña, os asistentes gozaron dunha amena e divertida manualidade.

Lembramos a toda a comunidade educativa que están invitados a participar nesta divertida e didáctica actividade. Para facelo, só hay que apuntarse en: biblioteca. ceip.emilia.pardo@edu.xunta.gal

Lembramos asimesmo que, as datas dos próximos contacontos de Familias, son:
30 Xaneiro, 27 Febreiro, 27 Marzo, 24 Abril e 29 de Maio.