2 Xuño
Xa temos gañador do III Torneo de Xadrez!
Tras a rifada contenda, finalmente foi Enzo quen se fixo dono do taboleiro!!Bravo polo novo campión que fixo unha longa travesía perdendo algunha importante figura, como era de esperar, pero sen perder ningunha batalla! Seguiulle moi de preto Ainhoa, quen se alzou co segundo posto! E o terceiro posto no podio ocupouno Teo, que desenvolveu un gran xogo, aínda que finalmente foi vencido.
Parabéns a todos os participantes!
E moito ánimo! Non deixedes de practicar este divertido e relaxante xogo milenario que tantos beneficios aporta a aqueles que o practican!
Vémonos o ano que ven!!