martes, 1 de octubre de 2024

 27 Outubro

O Club de Lectura de Adultos xa comezou a súa andaina! E tamén as sesións de "Contacontos de familias"! Aínda non chegou o 24 de Outubro para a inauguración oficial da Biblioteca, pero esta está xa funcionando a toda máquina!!

Club de Lectura este Venres con "Los dos lados"

O Club de Lectura de Adultos e as sesións de "Contacontos de Familias" xa votaron a andar!!

Cumprindo coa súa axenda, este venres reuniuse o Club de Lectura de Adultos para compartir as súas opinións sobre a obra "Os dous lados". E, tras gozar analizando a evolución e desenlace da intriga coa que Teresa Cardona mantivéralles en albas ao longo do verán, xa tomaron unha nova decisión!

Xa teñen nova obra para a súa seguinte cita!

Esta vez veranse transportados ao madrileño barrio obreiro de San Blas, nos anos 80, para acompañar a súa protagonista na súa loita por obter un dobre control: o do seu corpo, ao que non comprende, e o da súa contorna!

"La mala costumbre", de Alana S. Porteiro, elixido Premio del Año pola librería Cálamo, promete ser tamén un éxito no Club de Lectura.
Ánimo! Desde aquí volvemos animar a toda a comunidade educativa a apuntarse e participar nestas divertidas e culturais reunións de venres tarde!

Non esquezades! Data: Venres 29 de Novembro Hora: 17h.

Lugar: Biblioteca

Xusto despois da primerira sesión de Contacontos de Familias de este ano!!!

Non vos perdades estas dúas grandes citas!!!

Esperámosvos!


No hay comentarios: