viernes, 18 de octubre de 2024

 15 Outubro

Descubrindo a Ría de Vigo

La directora, María, forma al grupo B de los Auxiliares

A nosa Biblioteca, dá xa os últimos pasos para o gran día no que abra as súas portas e os ávidos lectores poidan gozar coas lecturas de sempre e tamén coas novidades deste novo curso.


Os Auxiliares, axuda tan importante para o seu funcionamento, completaron xa a súa formación. Este martes, a directora da Biblioteca, a profesora María, preparou xa ao último grupo (Grupo
B) para realizar a súa importante misión dun modo eficaz.
E, mentres no interior todo móvese
aprisa con vistas ao gran día, no exterior, Leolo segue convidándonos a descubrir os aspectos máis descoñecidos e a biodiversidade máis impactante da nosa Ría de Vigo. Todo un universo digno de ser protagonista da imaxinación de Julio Verne, ou ser motivo de nostalxia, na poesía de Martín Códax. Ánimo!

Xa falta menos!

Vémonos xa a próxima semana!!




miércoles, 9 de octubre de 2024

 8 Outubro

Formación de usuarios e proposta de actividades


Nuestra directora, María. forma a los nuevos Auxiliares
A Biblioteca segue preparándose para o gran día da súa apertura.
Hoxe comezou a formación do primer grupo de voluntarios (grupo A), que ao longo do curso apoiarán o labor do equipo como Auxiliares: Un nutrido número de alumnos de 5º e 6º de Primaria dispostos a velar pola orde e a funcionalidade máxima do seu espazo preferido de lectura e de reunión.
Mostrando el nuevo chaleco
que identificará a los auxiliares








Na carteleira, Leolo xa convida a todos a apuntarse para participar nas diversas actividades que se ofrecen ao longo da semana e lembra botar unha ollada cada día ao apartado de eventos para non perdernos nin un!!!

Animo! Apuntaros! Esperámosvos!!!



martes, 1 de octubre de 2024

 27 Outubro

O Club de Lectura de Adultos xa comezou a súa andaina! E tamén as sesións de "Contacontos de familias"! Aínda non chegou o 24 de Outubro para a inauguración oficial da Biblioteca, pero esta está xa funcionando a toda máquina!!

Club de Lectura este Venres con "Los dos lados"

O Club de Lectura de Adultos e as sesións de "Contacontos de Familias" xa votaron a andar!!

Cumprindo coa súa axenda, este venres reuniuse o Club de Lectura de Adultos para compartir as súas opinións sobre a obra "Os dous lados". E, tras gozar analizando a evolución e desenlace da intriga coa que Teresa Cardona mantivéralles en albas ao longo do verán, xa tomaron unha nova decisión!

Xa teñen nova obra para a súa seguinte cita!

Esta vez veranse transportados ao madrileño barrio obreiro de San Blas, nos anos 80, para acompañar a súa protagonista na súa loita por obter un dobre control: o do seu corpo, ao que non comprende, e o da súa contorna!

"La mala costumbre", de Alana S. Porteiro, elixido Premio del Año pola librería Cálamo, promete ser tamén un éxito no Club de Lectura.
Ánimo! Desde aquí volvemos animar a toda a comunidade educativa a apuntarse e participar nestas divertidas e culturais reunións de venres tarde!

Non esquezades! Data: Venres 29 de Novembro Hora: 17h.

Lugar: Biblioteca

Xusto despois da primerira sesión de Contacontos de Familias de este ano!!!

Non vos perdades estas dúas grandes citas!!!

Esperámosvos!