miércoles, 8 de mayo de 2024

 7 Maio

Un contacontos "Salvaje"!

Celia, Ángela e Antía deleitáronnos con "Salvaje", unha
fermosa historia da hawaiana Emily
Hughes, que nos fai reflexionar sobre como os "modais de etiqueta" aceptados pola sociedade, poden ser un impedimento para aceptar a aqueles que non os cumpran estritamente. E á vez, fainos reflexionar como eses signos de "civilización" poden ser unha limitación á liberdade e a felicidade de quen non os posúe, ao sentirse inferior ou rexeitado, como lle ocorre á protagonista:
Os animaliños da Natureza, alegráronse cando chegou ao seu lado. En contraposición, os humanos, alegráronse o día que a viron marchar do seu lado!!

A Natureza enteira, a pesar de "non ser como eles", aceptouna ao instante como un máis, e ensinoulle todo o importante que necesitaría para ser feliz: falar, comer e xogar. En cambio, cando a atopan os humanos, que si son como ela, rexéitanna por non posuír os seus modais e os seus hábitos de "educación" (non falar, non comer e non xogar como eles).

Unha tenra historia con cuxa posta en escena, Ángela, Celia e Antía, gañáronse unha gran ovación! Parabéns polo voso éxito!

Esperamos volver vervos moi pronto!



No hay comentarios: