viernes, 24 de mayo de 2024

 24 Maio

Gran clausura de "Contacontos de Familia"!

O curso está a finalizar e, con el, chegan tamén ao seu fin
as numerosas actividades da Biblioteca
Este próximo venres, 31 de Maio, despedirase a sesión de "Contacontos de Familias".
E farao ao grande
Tras o amplo abanico de lecturas e talleres que amenizaron a tarde do venres, esta última sesión de despedida promete ser moi especial: unha gran festa de despedida na que, coas divertidas cancións do último album do grupo Oviravai: "Paio e o poder dá música", repasaremos temáticas importantes tratadas nalgunhas das sesións de contacontos pasadas: a importancia de reciclar e coidar o planeta, o amor pola natureza, ser felices... 
Toda unha festaza que non vos podedes perder! Lembrade a cita: 
O : venres 31 de maio 
En: a Biblioteca 
Esperámosvos a todos!


sábado, 18 de mayo de 2024

 17 Maio

Leolo 
Comunica entrevistou a Sara!

Continuando co seu obxectivo de darnos a coñecer un pouco
mellor
ás persoas que nos axudan a formarnos e comparten connosco os nosos momentos bos e malos de cada día, hoxe, o imparable equipo de radio logrou entrevistar á profesora Sara
Ela relatoulles experiencias moi curiosas que lles fixeron pasar uns momentos moi divertidos e, tamén, descubriulles unhas afeccións e hobbies que todos ignorabamos e que vos sorprenderán! Algúns deles, poderedes coñecelos escoitando a súa entrevista.
Podedes acceder a ela na seguinte ligazón:

https://go.ivoox.com/sq/2429575

Moitísimas gracias, profe Sara, pola túa infinita paciencia e por regalarnos uns momentos tan divertidos!


viernes, 17 de mayo de 2024

 16 Maio

O Club de Arte, celebra o Día de las Letras Galegas!

Na última sesión, xoves previo ao Día das Letras Galegas, os
membros do Club de Arte decidiron facer unha chiscadela á devandita data conmemorativa ataviándose coas pezas simbólicas do club olívico: o Real Club Celta, nunha sesión artística moi divertida!

Feliz día das Letras Galegas a todos!


jueves, 16 de mayo de 2024

 15 Maio

Celia  e Antía cóntannos: "El hilo invisible"

Hoxe, na sesión de contacontos, Celia e Antía (4º B) léronnos "El hilo invisible".
Unha historia de, Miriam Tirado que nos lembra que non importa a distancia ou o tempo que nos separen das persoas que nos queren, pois, se existe un vínculo de agarimo entre nós moi forte, alá onde vaiamos ese vínculo manteranos unidos, próximos...
Celia y Antía nos leen "El hilo invisible"

Os que volo perdestes, non esquezades que tedes un exemplar á vosa disposición na biblioteca.

Noraboa polo voso éxito e moitas grazas por compartir con todos nós esta tenra historia.

Esperamos vervos de novo moi pronto.



martes, 14 de mayo de 2024

 14 Maio

Hoxe  sesión de contacontos : "Me pica el ombligo"!

Hoxe, Cayetana, Candela, Elena e Mai deleitáronnos cunha sesión de contacontos moi divertida, coa obra en verso de Gracia Iglesias: "Me pica el ombligo".

Unha exposición de todos os medos que algunha vez poden abordarnos como: a visita ao médico, a escuridade, os monstros... Todos eses pesadelos que nos impiden conciliar o soño, quedaron minimizados e superados cun amplo sorriso e un gran aplauso por parte dos asistentes!

Parabéns polo novo éxito destas expertas contacontos que xa son habituais nas nosas sesións de recreo! Esperámosvos de novo!!



 10 Maio

O Club de Lectura de Adultos xa ten cita para o próximo curso!

Club de Lectura de Adultos, compartiendo la lectura de
 "El hombre de los círculos azules"

Este venres, tras reunirse para poñer en común a experiencia
da lectura de "El hombre de los círculos azules", xa sinalaron data para o seu próximo encontro (o próximo curso!)



Será :
o 27 de Setembro ás 17:00h !
E a obra elixida é a novela policiaca:
"Los dos lados", de Teresa Cardona.
Convidamos a toda a comunidade
educativa a participar nesta exitosa
proposta!
E desexámoslles un éxito crecente como o experimentado ao longo de todo este curso!!!
Contamos con todos á volta de vacacións!
Feliz verán a todos os seus membros!!


miércoles, 8 de mayo de 2024

 8 Maio

Club de Lectura de Adultos!

Este venres , 10 de Mayo, ás 17h. resolverase por fin o enigma de "El hombre de los círculos azules", de Fred Vargas.

Quen sería o autor de tan notorias escenas do crime? Que sentido tiñan os círculos azuis? Por que eran exactamente azuis e non doutra cor? Convidamos a todos a compartir as diversas especulacións personais que fostes elaborando, paralelamente ás do propio inspector, durante o desenvolvemento da investigación.

Esperámosvos a todos! Promete ser unha sesión en grao sumo entretida!!

Vémonos!!


 7 Maio

Un contacontos "Salvaje"!

Celia, Ángela e Antía deleitáronnos con "Salvaje", unha
fermosa historia da hawaiana Emily
Hughes, que nos fai reflexionar sobre como os "modais de etiqueta" aceptados pola sociedade, poden ser un impedimento para aceptar a aqueles que non os cumpran estritamente. E á vez, fainos reflexionar como eses signos de "civilización" poden ser unha limitación á liberdade e a felicidade de quen non os posúe, ao sentirse inferior ou rexeitado, como lle ocorre á protagonista:
Os animaliños da Natureza, alegráronse cando chegou ao seu lado. En contraposición, os humanos, alegráronse o día que a viron marchar do seu lado!!

A Natureza enteira, a pesar de "non ser como eles", aceptouna ao instante como un máis, e ensinoulle todo o importante que necesitaría para ser feliz: falar, comer e xogar. En cambio, cando a atopan os humanos, que si son como ela, rexéitanna por non posuír os seus modais e os seus hábitos de "educación" (non falar, non comer e non xogar como eles).

Unha tenra historia con cuxa posta en escena, Ángela, Celia e Antía, gañáronse unha gran ovación! Parabéns polo voso éxito!

Esperamos volver vervos moi pronto!



martes, 7 de mayo de 2024

 7 Maio

Arrinca o I Torneo de Damas!

A final do II Torneo de Xadrez, dá paso ao I Torneo de Damas! Expectación máxima entre os afeccionados que ven, ao fin, cumprido o seu desexo de medir a súa destreza cos seus compañeiros nun deporte que lles apaixona! O evento iníciase o vindeiro luns, 13 de Maio, na nova localización da primeira planta. Esperámosvos a todos!!!


 6 Maio

O II Torneo de Xadrez xa ten Gañador!

Tras unha interesante sucesión de lides campais moi

pacíficas e emocionantes, os adversarios foron abandonando o campo de batalla un a un ante a estratexia dos finalistas: Iago P., Iago B., Teté, Miguel T, Iago V., Anxo e Hugo

O gañador deste II Torneo foi: Iago P.



Parabéns ao gañador e felicidades a todos os finalistas polo seu gran xogo e resistencia!









3 Maio

A "Maqueta do noso barrio" de 2º A

"Maqueta do noso barrio" de 2º A
Artellando non Chouzo, entrou na súa recta final: A escultura
da súa segunda fase, deu paso á arquitectura.
E xa comezaron a dar vida aos corredores as primeiras creacións !

Os grandes arquitectos de 2º A estiveron inmersos nunha complexa tarefa: propuxéronse ofrecernos a todos unha visión global do barrio no que vivimos! Os seus espazos, as súas rúas, os seus elementos máis icónicos, os seus edificios máis
representativos...

Non cabe dúbida de que o mellor modo de coñecer un espazo, unha construción, ou calquera proxecto en xeral, salvando a complexidade da súa estrutura e a diversidade

dos seus diferentes compoñentes, é: poder observalo sobre unha maqueta! Así que, iso é o que nos ofreceron estes dilixentes arquitectos: unha maqueta do noso barrio , na que non falta ningún detalle:
as rúas cos seus nomes; o colexio, o quiosco, as vivendas dotadas das súas
terrazas amobladas, pararraios e antenas
parabólicas; a primeira escultura moderna da cidade: o ferreiro de Streinbrügger na súa praza observando o parque coas súas árbores e os seus balancines... o semáforo regulando o tráfico...

A maiores, a maqueta complétanna uns cartéis cos símbolos cartográficos!

Un auténtico barrio!

A complexa obra estreouse cunha explicación pormenorizada de cada un dos grupos de escultores, gañándose un efusivo e merecido aplauso!!

Parabén artistas!

No deixedes de visitala no rellano de 2º!




sábado, 4 de mayo de 2024

 3 Maio

Nova invitada de Leolo Comunica : a profesora Pili!

O equipo de radio entrevistou esta semana á profesora
Pilar Araújo
(
Profe Pili, como a chamamos todos con moito agarimo).

Co seu cariño e especial sentido do humor, foi durante moitos anos a profesora de referencia para moitas xeracións de nenos nos seus primeiros días e nos seus primeiros anos de colexio. Hoxe, co equipo de Leolo Comunica, compartiu as súas afeccións, os seus gustos e preferencias, algunha anécdota... e tamén lles desvelou un dato que, en certo xeito deixaranos a todos tristes: os futuros alumnos de 3 aniños, xa non terán a oportunidade de cantar as súas orixinais cancións nin divertirse cos seus alegres xogos camiño da aula.

Pequenos e adultos, todas as persoas que a coñecemos botarémola moito de menos!

Queredes coñecela un pouco mellor? Accedede á súa entrevista a través da seguinte ligazón:

https://go.ivoox.com/sq/2421712

Moitísima gracias, profesora Pili, por dedicarnos o teu tempo!



 3 Maio

Sesión de contacontos con "Amigas"

Este venres, os usuarios da biblioteca volveron a gozar dunha
Yanira, Alicia, Carla y Elena nos cuentan "Amigas"

nova
sesión de contacontos a cargo de Carla, Alicia,
Yanira e Elena (5ºA).
As catro amigas compartiron cos asistentes: "Amigas", un fermoso álbum ilustrado de Lauren Ace e Jenny Lovlie que, como o seu nome indica, é un canto á auténtica amizade. Esa que co paso do tempo crece e fai máis forte a unión e a lealdade, do mesmo xeito que, metaforicamente falando, unha árbore fortalécese e profunda as súas raíces facéndose máis sólido cos anos.

Yanira, Alicia, Carla e Elena, a través das protagonistas desta fermosa historia: Carla a aventureira, Alicia a artista , Indira a enxeñosa e Ana a solícita coidadora, lembráronnos algunhas das claves dunha amizade verdadeira: as amigas sempre achan algo que aprender dos seus desacordos, alégranse dos éxitos das demais, cando as cousas non saen ben, sempre están preto para dar ánimos e o apoio mutuo failles máis fortes...

Afortunados aqueles que atopan na súa vida amigos auténticos e saben valoralos, cultivar a súa amizade e corresponderlles como se merecen.

Moitísimas gracias por esta fermosa historia. Esperamos contar convosco moi pronto!



jueves, 2 de mayo de 2024

 1 Mayo


A profesora Maribel en "Leolo Comunica"

Todo o alumnado coñece á profesora Maribel!

Maribel recibe la invitación de Leolo Comunica

Os seus doces abraciños e as súas palabras de agarimo son fundamentais cando os máis pequeniños caen, enfádanse por un "nada", desgústalles algo, séntense tristes porque polas presas en chegar ao cole, non recibiron todos os mimiños matinais que eles reclamaban... ou simplemente non tiveron unha boa noite ou un bo espertar!

La profe Maribel con el equipo de Leolo Comunica
Os máis maiores tamén a
coñecen ben, pois lembran con
nostalxia os gratos momentos
que pasaron ao seu lado nos
seus primeiros anos no cole.
Pero, qué lle gusta facer á vosa profesora cando non está no cole? Imaxinádesvolo?
A mesma Maribel volo conta na entrevista que o equipo da radio Leolo Comunica lle fixo.
Podedes acceder ao seu contido na seginte ligazón:

Moitísimas gracias profesora Maribel por facer un paréntese na túa axenda para estar connosco aquí!!




miércoles, 1 de mayo de 2024

 

30 Abril

A profesora Begoña na radio Leolo Comunica!

La profesora Begoña recibe la invitación
de Leolo Comunica
O equipo de radio xa emitiu unha nova sesión de entrevistas
Nesta ocasión a invitada especial foi: a profesora Begoña
Como é habitual, entre outras cousas preguntáronlle polos seus gustos, viaxes, afeccións... Atrevédesvos a imaxinar cales son? Se queredes coñecer as súas respostas, non volas perdades. Só tedes que acceder á súa entrevista a través da seguinte ligazón:

https://go.ivoox.com/sq/2421126

Moitísimas gracias profesora Begoña por facernos un oco na túa axenda e dedicarnos parte do teu tempo!