16 novembro
Lectura e marionetas con 5 anos
Hoxe, os nenos e nenas de 5 anos da
profesora Natalia, no seu día especial de Biblioteca, gozaron dunha emocionante sesión. Ao finalizar as súas lecturas, volveron a gozar dese especial momento no que se converten en protagonistas dos seus contos favoritos, representando os seus papeis axudados polas marionetas Tim e Tom e o seu amigo Rony . Unha especial mini-sesión de contacontos improvisada na que os actores, sen guion previo, poñen en xogo toda a súa creatividade e capacidade de organización baixo a única dirección da súa espontaneidade.

Hoxe foi a quenda de Sabela, Roi e Carmen. Coas súas inesperadas actuacións encheron de gargalladas o auditorio e gañáronse un gran aplauso!!!
Parabéns!
Seguide gozando coa lectura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario