Coa súa nova lectura: "Rita y los ladrones de tumbas", de Mikel Valverde, aproveitaron a mención de feitos e personaxes reais da obra (escavacións no oasis de Farafra, o profesor Hawas...), para afondar no tema e atopar que o famoso profesor Hawas (tío do protagonista) existe realmente e é o inminente exiptólogo que en abril de 2021 atopou "A Cidade Perdida" totalmente escondida na area, (o 2º descubrimento máis importante despois do descubrimento da tumba de Tutankamón). Tamén aprenderon algúns aspectos da vida en Exipto. Sobre o seu modo de vida, a súa notable economía grazas as inundacións do río Nilo, as súas crenzas, a súa contribución ao desenvolvemento da civilización (instrumentos agrícolas, regadío, coñecementos de astronomía, calendario no que se basea o actual, escritura, papiro…), a súa espectacular arte e arquitectura (pirámides...) e tamén aspectos curiosos da súa vida cotiá.
O grupo converteuse nun equipo de expertos exiptólogos despois de ter que realizar as súas propias escavacións, descifrar as mensaxes en linguaxe xeroglífica, revelar os segredos encerrados durante séculos no gran sarcófago, e mesmo pasar un “test de exiptólogo”, para obter as claves que lles permitían acceder ao nivel máis profundo da pirámide no que, custodiadas por chaves case indescifrables, se atopaban as xoias do faraón!
Conseguírono, porque souberon traballar en equipo!!
Parabéns Equipo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario