Ola queridos amigos e amigas!
Que tal foi a procura de información para resolver o reto?Como podedes apreciar, na foto hai 24 anciáns sentados nunha especie de sofá, dialogan entre si, visten túnicas e sobre as súas cabezas levan unha coroa de ouro. Nas súas mans sosteñen instrumentos musicais: 14 fídulas de varios tipos, 4 salterios, dúas arpas e un "organistrum" que sosteñen os dous anciáns centrais sobre os seus xeonllos.
Que bonita é a catedral de Santiago! A que si?
Mañá xa tedes novo reto!
Un saúdo!
Leolo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario