Con motivo do noso proxecto de Centro, desde a Biblioteca, queremos emprender tamén a nosa particular viaxe " Pasiño a Pasiño". Para iso, a partir do próximo mes de febreiro, Leolo, a mascota da Biblioteca, cada dúas semanas deixará unha nota en cada unha das portas de cada aula de infantil e de primaria, na que vos informará do reto a resolver durante esas dúas semanas.
Estes retos poderán consistir en diferentes actividades: unha procura de información, un Genially, unha adiviña, etc. Co obxectivo de que con cada reto conseguido, cada aula conseguirá un selo nas 12 xanelas da súa credencial e a súa correspondente compostelá, que Leolo deixará tamén na porta de cada aula ao comezo de febreiro.
E como saber se
desciframos ben cada reto? A solución será publicada aquí o xoves anterior ao cumprirse esas dúas
semanas.
Un saúdo.
O equipo de biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario