20 Setembro
"Caixas de recordos", para o Día do Alzheimer


A través dos ollos de María, vemos a evolución da relación coa súa avoa Antonia. Vemos o cambio de visión que se produce, pouco a pouco, na súa vida debido a unha terrible enfermidade como é o Alzheimer.

É así como se aventuraron os nosos alumnos e alumnas en crear unhas caixas de recordos para distribuir por todo o colexio para, así, entre todos, enchelas dos nosos recordos máis prezados e que non se nos esquezan nunca.

Se vedes unha destas marabillosas caixas non
dubidedes en deixar o voso recordo nela!
No hay comentarios:
Publicar un comentario