O venres pasado tivemos unha sesión moi interesante na clase de 4ºB. Adrián tróuxonos o seu robot moi parecido a R2D2 da Guerra das Galaxias. Explicóunos como funcionaba utilizando a tablet e moitas cousas que programou coa axuda dos seus pais para que o robot puidera facer sons, luces e distintos movementos. E logo puidemos probar nós. Foi moi divertido e interesante. Moitas grazas Adrián e familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario