O noso agradecemento pola participación dos nenos e nenas que aportaron a súa creatividade ao VI Certame de relato curto convocado pola FANPA.
Estamos moi orgullosos de que entre uns 1000 presentados de diferentes categorías foran seleccionados entre os 120 finalista, catro alumn@s deste cole. Estos nenos e nenas recibirán un libro colectivo xos seus relatos e co relato feito expresamente para o certame por Antón García Teijeiro.
O día 11/6/18, as 19:00 horas teñen unha cita no Auditorio do Pazo de Cultura de Pontevedra, onde realizarán a entrega dos premios e anunciarán os gañadores segundo as idades.
A iniciativa xurdiu do equipo de dinamización lingüística que animou a participar no concurso. Grazas a Begoña Garza, coordinadora do equipo e por suposto a tódalas mestras que están ahi traballando día a día por e con o alumnado.
Parabéns a tódol@s participantes e en especial a os seleccionados:
Gael Champeme Godino. 4B co seu relato:" O pesadelo do pequeno Breixo"
Mateo Cachaza Fernández. 4ºA. Relato: "AEO"
Maruxa Cabada López. 5ºB co seu relato: "RKX-5"
Pablo Brión Alvarado. 5ºB. Relato: "Falando coa imaxinación."
GRAZAS INFINITAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario