Hoxe foi un día moi especial xa que recibimos a visita do “avó Pepe”.
É o avó das nosas
compañeiras Erea e Iris e ensinounos o uso dun invento moi curioso: o
pizarrín. Cando el era pequeno, o caderno só se usaba para escribir as cousas
moi importantes que merecesen ser gardadas. Para todo o demais,
escribíase co pizarrín. Para escribir no papel tiñan outro
invento: a pluma, que era moi fráxil e precisaba de elaborar
a tinta.
Tamén nos explicou como os nenos/as elaboraban os
seus xogos favoritos: o trompo e as canicas, antes de
que se puidesen comprar con tanta facilidade como agora. Ensinounos
a lanzalo e algúns trucos para xogar con el e gañar sempre. É un
gran artista, grazas Iris e Erea por compartilo
connosco!
No hay comentarios:
Publicar un comentario