sábado, 25 de junio de 2016

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA CURSO 2015-16

Esta semana, os membros do  Club de Lectura realizaron as súas últimas actividades:
Mantiveron unha videoconferencia  con Gonzalo  Moure, autor do último libro lido polo Club: “Maíto Panduro”.
Recibiron a visita de Benxa,  con quen intercambiou ideas e opinións sobre lle Bullying escolar,tema central do penúltimo libro lido polo Club: O libro do Bullying.

Realizaron un obradoiro de poesía no  Centro de Día co que, como cada ano, intercambian algunha actividade.  Este ano, os entrañables avoíños  e avoiñas do Centro obsequiáronlles cunha magnífica  representación do máis coñecido episodio de “Don Quixote da Mancha” . ( Aquel no que o enxeñoso fidalgo bátese en feroz batalla cos xigantes e muíños de vento. Non existen imaxes por estar prohibida calquera tipo de gravación dentro do  Centro. A imaxes correspóndense co galope tendido dos nenos, ansiosos por chegar ao centro, do que xa case forman parte, e , á saída todos co obsequio que recibiron: un fermoso floreiro de reciclaxe.



No hay comentarios: