miércoles, 11 de mayo de 2016

VISITA DE ÉRIKA ESMORÍS

Érica Esmorís visitou o noso cole.
Estivo cos alumnos de sexto falando do seu libro.  


Nena e o mar

Érica Esmorís (Autor/a)
Dani Padrón (Ilustrador/a)

De 11 anos en diante
3ª Edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2015

Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai.Nena e o mar é unha novela circular e coral, unha aventura de esperanza e valentía, onde todo, absolutamente todo, é posible; mais onde tamén se poden saborear a ritmo pausado todos os ingredientes da vida nunha vila mariñeira e profundar nas historias dos seus vellos mariñeiros.
(Información da páxina de Xerais)

No hay comentarios: