Hoxe visitou aos rapaces de 6º o escritor Antonio Manuel Fraga. Foi unha charla moi interesante. Fixéronlle moitas preguntas. Firmou tódolos libros do seu premio Merlín 2013.
Hoxe, por fin, reunímonos no parque de Castrelos e celebramos a II Quedada Literaria coordinada por Antonio Fernández Costas coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Concellería de Educación de Vigo e a Biblioteca Pública Municipal "Xosé Neira Vilas" os seguintes centros educativos:
Ceip Emilia Pardo Bazán (Chouzo)
Ceip Frián-Teis
Ceip Ría de Vigo
Ceip O Pombal
Ceip Carrasqueira
IES O Castro
Alí estivemos compartindo as nosas lecturas en galego desde nenos de 4 anos ata rapaces de 1º da ESO, que fixeron contacontos para tódolos grupos dos nenos máis pequenos. Tivemos moita sorte!!! Representaron para nós "A que sabe a Lúa" e fixérono moi, moi requeteben. Logo houbo un tempo para merendar. E por fin marchamos cara ao fondo dos xardíns do Pazo onde o alcalde dixo unhas palabras de parabéns por esta iniciativa e animando a súa continuidade. Alí tamén fixemos as sinxelas actuacións que levábamos preparadas. A nosa consistíu en recitar un poemiña de Antonio García Teijeiro so seu libro "Cacarabín, Cacarabón". Ao remate das actuacións, Andrea de Baobab Teatro, coa axuda de varios nenos, dramatizou o conto de "A Ratiña presumida". Rematamos esta Quedada cantando todos xuntos, dirixidos pola profe de música Mónica Muñoz do Ceip Frián-Teis, a canción de "O libro máxico" de Migallas.
II QUEDADA LITERARIA 2015 by Slidely Slideshow Saímos en varias noticias de prensa. E tamén saímos na tele.
Rematamos o percorrido do noso centro nos intercambios de Interteatro no Ceip Frián-Teis onde tivemos un gran recibimento, un público fantástico e uns compañeiros profes fenomenais que dixeron haberse entusiasmado coa nosa obra. Tamén nós quedamos encantados da nosa visita e esperamos volver. .
O venres 15 de maio desprazámonos ata o CEIP Canicouva coa nosa obra de teatro "SOPLA". Queremos dar as grazas a todo o profesorado e aos nenos por ser un público tan agradecido e, en especial, ao director e aos compañeiros de Interteatro Daniel e Cristina pola acollida tan amable, atenta e agarimosa que nos deron. Foi un pracer compartir convosco.
O martes, 12
de maio, representamos no Concello a nosa obra "Sopla". Estabamos un pouquiño nerviosos, sobre todo, os que viñeramos por primeira vez. Pero tivemos un público moi especial que animounos e aplaudiu moito, moito.
Sopla no Concello by Slidely Slideshow
Este ano, o homenaxeado das Letras Galegas é: Xosé Fernando Filgueira Valverde. Aquí tedes unhas actividades e uns xogos para aprender cousas sobre Xosé Fernando. Grazas á Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística por achegarnos estes recursos, así como ao Seminario Galán e ao CEIP A Ponte por compartir os seus traballos.
Os alumnos de 4º do CEIP Canicouva acompañados dos seus profesores representaron no noso centro un musical moi divertido e moi chuli. Fixéronno moi ben. Rimos moito. Houbo moitos aplausos. Queríamos que repetiran un pouquiño máis... Bravo, rapaces!!! Sodes uns artistas de Broadway!