LIBROS
PARA SOÑAR RETOMA A TEMPADA DE CONTACONTOS
A
libraría LIBROS PARA SOÑAR estreou a nova
tempada das sesións de contacontos para público infantil.
O
vindeiro mércores, ás 17:30 horas, LIBROS PARA SOÑAR acollerá unha charla co
lema “Animar a ler de 0 a 3 anos”, dirixida a nais e pais, educadores e
mediadores. Esta sesión informativa -con entrada libre e gratuíta- precede o
inicio da nova campaña de contacontos para bebés, a primera das cales se
celebrará o mércores 29. Os futuros pais e nais, así como os pais e nais con
fillos e fillas ata 3 anos, poderán coñecer os beneficios dos libros dende
idade temperá, con materiais axeitados (tea, cartón, madeira…) a cada etapa da
primeira infancia, e consellos para favorecer a súa formación dende o berce a
través dos arrolos, cancións corporais, ditos e recitados recuperados da
tradición oral, así como dos textos rimados a través dos chamados pictogramas
poéticos ou poegramas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario