Coma en anos anteriores as diferentes seccións da IBBY difunden a imaxe e o texto conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil, a celebrar o vindeiro 2 de abril, en memoria de Hans Christian Andersen.
Nesta
ocasión, é Irlanda o país encargado de poñerlle palabra e imaxe a este cartel
que percorre o mundo enteiro lembrando a necesidade de manter viva unha
literatura de calidade destinada a nenos e mozos. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da
escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que recibiu entre outros premios o
Premio Laureante na nög, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa
parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa así mesmo
merecedora do Premio de Literatura Infantil de Irlanda, entre outros galardóns.
GALIX,
a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, difunde este
material e tamén un concurso de expresión creativa que convoca a OEPLI (Organización
española para el libro infantil y juvenil), no que poden participar
as nenas e nenos dos centros de ensinanza primaria e dos dous primeiros cursos
de ESO. Este concurso "INVITA A HANS CRHISTIAN ANDERSEN..." proponlle
ás nenas e aos nenos que deseñen unha postal para invitar a Anderssen a visitar
e coñecer o sitio no que viven, neste caso, Galicia. Pódense consultar as bases
AQUÍ. O prazo para a entrega de orixinais remata o
2 de abril e deben enviarse ao domicilio de GALIX (ver nas bases).
(Información da Asesoría Bibliotecas Escolares)
(Información da Asesoría Bibliotecas Escolares)
No hay comentarios:
Publicar un comentario