domingo, 26 de enero de 2014

ACTIVIDADE INTERCOLES

Os alumnos de 4º curso de Educación Primaria do Ceip Emilia Pardo Bazán fixeron unha actividade intercolexios cos alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria do Ceip Petelos-Mos.
Os nosos rapaces recibiron unha invitación dos rapaces de Petelos, que aceptaron encantados, para participar nesta actividade, que consistiu nun intercambio de agasallos con motivo das diferentes celebracións das festas especiais do primeiro trimestre.
Por parte do colexio de Mos: 
Elaboración e envío a cada neno/a do Emilia Pardo Bazán dun "Porta-castañas". 
Por parte dos nenos/as do Emilia Pardo Bazán: 
Envío dunha chapa individual a cada neno/a do outro centro, así como a elaboración dun libro por todos os alumnos de 4º, sobre rimas relacionadas co Samaín.
Intercambio de tarxetas individuais de felicitación polo Nadal.
A verdade é que os agasallos estaban moi ben feitos e quedaron preciosos.
Noraboa rapaces!!!
. 
ACTIVIDADE INTERCOLES 2013-14 on PhotoPeach

No hay comentarios: