Linda é unha vaca diferente ás demais.
Cada mañá,
mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao
exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca
nada no mundo.
O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao
carteiro e escorrentalo da granxa.
Cada día, Linda agachábase nun sitio
distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro
remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo.
No entanto,
haberá alguén ao seu carón que o axudará.
Linda á espreita de Alexander Steffensmeier é un fascinante álbum
ilustrado sobre unha vaca á espreita, un carteiro perseguido e unha
granxeira que só quere recibir, por fin, un paquete san.
Linda á espreita é a primeira entrega desta serie protagonizada por esta
simpática vaca.
Composta, ata o momento, por tres títulos, foi un éxito
de vendas en Alemaña dende a súa aparición en 2006.
En torno a esta
serie lévanse publicados libros para colorear, libros de cociña para
nenos e diversos produtos de merchandising.
(Información da páxina de Xerais)
Iago conta: "Linda á espreita" on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario