Por fin, hai algunhas semanas, nenos voluntarios de 3º B reunímonos na Biblioteca e asistimos a unha representación dun primeiro Kamishibai.
Despois asistimos a unhas sesións de visionado doutros nenos que fixeron Kamishibai, que nos aportaron información e algunhas ideas.
KAMISHIBAI 2013 on PhotoPeach
"KAMISHIBAI" significa "Teatro de papel".
É unha técnica que procede de Xapón.
O contador de historias de Kamishibai vai polas aldeas e cidades.
Chama a atención do público cun Hyoshigi, un instrumento de percusión que podes ver na imaxe.
Unha vez que escoitas o seu son hai que estar moi caladiño porque empeza a historia...
KAMISHIBAI na Biblioteca do Chouzo on PhotoPeach
Aquí podes ver o vídeo do conto: "O Gato Sol"
PARABÉNS!!! Fixéstelo moi ben.
MOITAS, MOITAS GRAZAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario