sábado, 1 de diciembre de 2012


Estimadas familias:

Desde a Biblioteca Escolar, centro de recursos e aprendizaxe, unha das novidades deste curso é a creación dun Punto de Lectura para as Familias.

Aínda que xa temos un servizo de préstamo para vós na Biblioteca, queremos amplialo con outro de autoxestión para facilitar este servizo a todos os membros da comunidade educativa.


Este Punto de Lectura está situado na entrada principal do colexio ao lado das oficinas e está accesible a calquera hora dentro do horario escolar.


Como é un servizo de autoxestión, podedes escoller e levar o libro que vos guste respectando as normas de funcionamento.

NORMAS DE FUNCIONAMENTO
Para levar un libro en préstamo hai que cubrir os datos no caderno de "Préstamo Libros Familias".

Os libros deberán devolverse no mesmo estado de conservación. En caso de producirse algún deterioro deberase comunicar a alguén do Equipo de Biblioteca.



No hay comentarios: