sábado, 27 de octubre de 2012

PREMIO AO PROXECTO BUBISHER

A Fundación Luis Tilve outorgou o seu premio anual 2012 de Acción Solidaria ao Proxecto Bubisher o venres 26 de outubro no auditorio do Concello de Vigo. 
O premio foi recollido por Luisa Sánchez, coordinadora dos "Voluntarios Bubisher" e por Maribel Cajide, coordinadora do proxecto colaborativo cos campamentos de Smara "Coñecernos para querernos" e profesora do ceip Isaac Peral.
A este acto asistiron a asesora de Bibliotecas Escolares Pilar Sampedro, profesores do ceip Isaac Peral de Ferrol, profesores do colexio San Narciso (de onde partiu a idea do proxecto Bubisher) e profesoras do ceip Emilia Pardo Bazán como representantes de máis cen bibliotecas de centros escolares de Galicia que, desde hai anos, estamos colaborando con este proxecto solidario.
A nosa felicitación para Gonzalo Moure, que non puido estar presente na entrega do premio, e para todos os que de alguna maneira colaboran en que o Bubisher leve aos campamentos saharauis a nosa lingua e, sobre todo, a ilusión e a maxia dos libros.
 Como di a canción.
"...é un longo camiño...
...o seu benestar é a miña preocupación...
...por que non compartir?...

 ...e el non é unha carga, é o meu irmán..."
PREMIO ao Proxecto BUBISHER (e ás Bibliotecas Escolares) on PhotoPeach  
LECTURA na entrega do PREMIO
Nesta convocatoria tamén se entregou o premio ao Traballo Digno ao xornalista Xavier Fortes López, o premio Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns recaeu no Museo do Pobo Galego e o premio Investigación e Divulgación Histórica á historiadora Aurora Marco López.

AGRADECEMENTO E DIPLOMA
 POLA NOSA COLABORACIÓN

2 comentarios:

Rosana Rodiles dijo...

Desde a Biblioteca Xoán Farias queremos achegarvos as nosas felicitacións por ese merecidísimo premio.

Leo dijo...

Desde Malpica, saúdos de caramelo para este proxecto que tento nos gustou!