Forman parte da Asociación de Persoas Xordas de Vigo.
Camilo é un profesor de Lingua de Signos.
Camilo é xordo e por iso viña acompañado por intépretes.
Ser intérprete é un traballo importante; é ser os oídos e a voz dunha persoa xorda.
Habían preparado dous tipos de actividades que consistían no seguinte:
Contacontos en lingua de signos: "Un culete independente"
A esta actividade asistiron todos os alumnos de Ed. Infantil e 1º do Primeiro Ciclo de Ed. Primaria.
Cada unha destas sesións de contacontos tivo media hora de duración.
O conto fíxose en lingua de signos, cun intérprete que os contou tamén en lingua oral.
Despois da sesión, ensinóuselles aos nenos algúns signos básicos dos propios contos.
A esta actividade asistiron todos os alumnos a partir do 2º nivel do Primeiro Ciclo de Ed. Primaria.
Neste caso, foron unha presentación en pps de Iago: un neno xordo, un vídeo: "O soño de Pedro" e charlas participativas con preguntas para os alumnos nas que lles explicaron como é a vida cotiá das persoas xordas, a que barreiras se enfrontan diariamente, etc.
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACION PERSOAS XORDAS on PhotoPeach
Estivemos todos, todos moi atentos e moi participativos.
Grazas Camilo. Grazas a ti e a todos os que viñeron contigo.
Estas actividades ofrécense de forma gratuíta.
Asociación de Personas Sordas de Vigo
C/ Romil; 22-24 Bajo36202 Vigo
Teléfono 986 281 370
No hay comentarios:
Publicar un comentario