lunes, 28 de noviembre de 2011

"A IGUALDADE CONTA"

O mércores 23 de novembro os nenos de 2º achegámonos ao "Vérbum" para asistir á representación dun Contacontos teatralizado baseado nos libros "O País dos Mandóns", "A urna dos desexos" e "O segredo de Flora".
"O País dos Mandóns": Neste país uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as nais ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas.
Hai que cambiar estas normas tan inxustas para crear un novo país: "O País da Igualdade".
Explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos.
Unha excelente recomendación para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.
“O segredo de Fora”: Flora ten un segredo fantástico, e é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar.
O segredo de Flora consiste en atopar un modo de combatir a violencia, explicando así a nenos e nenas que é intolerable en todas as súas manfiestacións.
 
Canción para quitar os enfados.
 
 
"A urna dos desexos": Clara aprende o que son unhas eleccións e como as persoas poden decidir quen vai  gobernar introducindo un papeliño nunha urna. Un modo sinxelo de ensinar a nenos e nenas en que consiste a democracia participativa e a paridade.

O PAÍS DOS MANDÓNS on PhotoPeach

No hay comentarios: