domingo, 26 de junio de 2011

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

O día 5 de maio inauguramos a nova sala da nosa biblioteca que foi reformada no último curso.
"Sala Antonio García Teijeiro" para Infantil e Animación á Lectura.
Tamén inaugurouse oficialmente a nova "Sala Gonzalo Moure" para Primaria e Recursos do profesorado.
Organizamos diferentes actividades sobre a obra de Poesía de Antonio: ilustracións, murais, música...
Recibimos, no noso centro, a visita destes dous escritores e doutras persoas importantes e queridas para nós, que nos agasallaron coa súa presenza e compañía.

Os nenos de infantil de 5 anos cantaron un poema de Antonio ao que os de 6º acompañaron con música de frautas.


video

Descubrimos unha placa co seu nome.
Despois todos os nenos de infantil recibiron a Antonio e fixéronlle unha simpática entrevista.
Logo os de 1º ciclo recitaron algúns dos seus poemas e tamén o fixeron a ritmo de "Rap".

video


Seguimos o percorrido polos distintos ciclos e cos nenos do 2º ciclo mantivo unha charla moi entretida. Ao final, Antonio recitou "Érase una vez un lobito bueno..." e Gonzalo cantouna acompañado dos profes.
Por último, os alumnos do 3º ciclo leron os seus traballos e falaron de cousas moi interesantes.
Foi un día moi emotivo para todos, pero en especial para Antonio que veu acompañado de Susi.



INAUGURACIÓN SALA ANTONIO G. TEIJEIRO 5-5-2011


ENTREVISTA

1.-Cando empezaches a escribir poesías?
- Cando era pequeno vin unha rapaza tan guapa que namoreime dela e escribín unha poesía.
2.- Por que querías ser poeta?
- Para que aos nenos non lles pasara como a min, que non me contaron ningún poema.
3.- Lías libros de poesías cando eras pequeno?
- Non, non había libros de poesía na miña casa.
4.- Cantos anos tiñas cando escribiches o teu primeiro poema?
- Tiña 8 anos; era un poema de amor.
5.- E, cando escribiches o teu primeiro libro?
- O meu primeiro libro escribíno hai 30 anos.
6.- Para que escribes?
- Para que os nenos podades chegar á palabra, que é un xoguete moi bonito.
7.- Como aprendiches a escribir poesías?
- Lendo. Aprendín, sobre todo, lendo.
8.- Que che gustaba facer cando eras pequeno?
- Xogar ao futbol e aos indios e vaqueiros.
9.- Que tipo de música che gusta?
- Toda a que sexa boa; moitas.
10.- Tocas algún instrumento?
- Con todo o que me gusta a música!..., non son capaz de tocar ningún instrumento.

Por último, dedicounos unhas palabras que escribira especialmente para nós e léunolas moi emocionado.




Despois inauguramos a nova "Sala Gonzalo Moure"



SALA GONZALO MOURE on PhotoPeach

Esperamos que Antonio e Gonzalo volvan pronto a visitar o noso colexio.

No hay comentarios: