jueves, 15 de julio de 2010

CLUB LECTURA xuño

No mes de xuño tivemos as últimas reunións dos Clubs de Lectura.
NENOS 3º Ciclo
Tema: CÓMICS
Cada un elixiu un cómic para ler e comentar.
Falamos de "Mortadelo e Filemón", Astérix, Tintín..., pero houbo unha particular preferencia na tertulia polo "Manga".
O profe Andrés, que asistiu a esta reunión, contounos algunhas cousas destes debuxos xaponeses.

¿Sabiades como naceron os debuxos Manga?
A historia do Manga poderíase dicir, e de feito é a teoría que se mantén actualmente, que os principios do Manga se remontan á época Edo onde os denominados Ukiyo-e debuxaban en modo de protesta as súas queixas sociais da época.


Estas manifestacións artísticas de carácter popular aparecen nunha Época de opresión ao pobo, o período Edo, que abrangue dende 1600 ata 1867.


Representaban fantasías que pretendían evadir ao pobo das súas penurias, criticas contra o sistema e que posuían un enorme dispendio de imaxinación.


Club Lectura xuño on PhotoPeach



NAIS-PROFES

TEMA: A muller noutras culturas: XAPÓN

LIBRO "Estupor y temblores" de Amèlie Nothomb

Unha novela de humor ácido para decatarnos da situación actual das mulleres en Xapón e rirnos de todos os xefes do mundo.

Esta novela cóntanos a historia de Amèlie, unha moza belga de 22 anos emigrada a Xapón, cando entra a traballar en Tokyo para unha das maiores empresas do mundo. Esta empresa é a quintaesencia da cultura empresarial nipona, na que o importante non é tanto canta xente tes por debaixo, senón cantos superiores.

Nesta estrutura fortemente xerarquizada, un inferior debe presentarse ante o seu xefe con "estupor e tremores", tal como esixía o emperador do Sol Nacente a todos os seus súbditos...

No hay comentarios: