Hoxe, por fin, viuse cumprido un obxectivo e, ao mesmo tempo, un desexo: Inauguramos o Club de Lectura d@s nen@s do terceiro ciclo do colexio.
Nesta primeira xuntanza tamén comenzamos o noso camiño de lecturas cun libro de Gonzalo Moure, "Palabras de Caramelo". Comentamos diferentes cousas a propósito do tema guía do libro: as discapacidades, a superación das dificultades, a aprendizaxe e a maduración que nos aportan as cousas negativas... e, como non! ese mundo, para algúns descoñecido, das persoas xordas.
Tivemos a sorte de contar coa presenza de Victoria licenciada en Pedagoxía e que está cursando un ciclo superior de Interpretación en Lingua de Signos. Falounos de cousas interesantes que non coñecíamos e aprendimos con ela algunhas palabras nesta lingua.
Gustounos moito e retomaremos, no próximo curso, esta actividade con moita ilusión.
Tamén o pasado martes, 26 de maio, xuntámonos outra vez nais e profes para compartir lecturas e opinións, que sempre resultan gratificantes e interesantes.
Empezamos cun libro de Gonzalo Moure titulado "El beso del Sáhara" e nesta última xuntanza limos "Una letra femenina azul pálido".
Esperamos retomar as lecturas e os comentarios sobre as mesmas no próximo mes de setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario