GUSTARÍACHE PERTENCER A UN CLUB DE LECTURA?

Sabes que é un Club de Lectura?
Un Club de Lectura é un grupo de persoas que se reúnen para compartir o pracer de ler e conmentan os libros que len no seu tempo libre.
Os obxectivos dun club de lectura son:
- Aumentar o pracer pola lectura
- Servir de apoio e estímulo para ler autores variados
- Compartir o que lemos con persoas de diferentes niveis educativos
- Comprender as obras desde o contexto da súa creación
- Coñecer amigos que compartan o gusto pola lectura
Cómo funciona?
Fórmase o grupo cando hai inscritas algunhas persoas, o ideal é que o grupo sexa dunhas 20 persoas.
Hai un moderador que se encargará de moderar ao grupo.
As reunións son un día a unha hora, que se fixa previamente, na Biblioteca do cole.
É importante saber que……
- O ingreso é gratuito
- Non é necesario ler en voz alta nas reunións
- Non é necesario intervir nos debates
- Podes acudir aínda que non leras o libro na súa totalidade
- Todas as actividades que se realizan no club son voluntarias
Que se vai a ler?
- Narrativa
- Poesía
- Teatro
- Biografías
- Calquera outra cousa que nos apetezca
Actividades do club:
Ademais de ler libros e sempre que poidamos, tamén teremos outras actividades como:
- Lectura Publica
- Foro aberto
- Invitados especiais
- Círculos de autor
- Presentación de películas
- Comparación entre a obra escrita e a película
- Concursos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario