sábado, 30 de noviembre de 2024

 28 Novembro

"Los fantasmas no llaman a la puerta!"

Max Alonso e Mauro López, regaláronnos hoxe unha divertida historia de pantasmas. Aínda que sen pantasmas! Pois "Los fantasmas no llaman a la puerta", de Eulalàlia Canle e Rocío Bonilla, non é unha historia de medo senón que nos fala dos celos que poden xurdir cando temos un amigo moi especial e non queremos compartilo con ninguén máis. As historias que a marmota invéntase para evitar compartir a amizade do seu gran amigo Oso, con Pato, lévanlle a comprobar que compartir con moitos nosa amizade é moitísimo máis divertido!

Mellor dous amigos que un, mellor tres que dous, mellor... moitos!!

Moitas gracias Max e Mauro por esta didáctica historia!

Esperámosvos de novo!


 25 Novembro

25 de Novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

A ONU estableceu en 1999 que o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres celebrásese cada 25 de novembro en recordo ás irmás Mirabal, que foron brutalmente asasinadas por ser mulleres e activistas.

Para explicar, consultar e ilustrar estes feitos, colocáronse no expositor da Biblioteca múltiples lecturas adaptadas a todas as idades, para titores e alumnado.


 27 Novembro

"Orellas de Volvoreta" 

Esta é a obra de Louisa Aguilar que elixiron Laura e Enma
para a súa sesión de contacontos.

Unha tenra historia que nos fai ver como saír á rúa, ir ao colexio...cousas cotiás que para calquera neno poden ser motivo de alegría, convértense nun sufrimento cotián cando, como Mara, non es tan alto, fermoso, habilidoso, forte... como os demais que che rodean.

Resulta difícil soportar o ser obxecto das mesmas burlas diariamente.

É necesario ter un poder especial para superalo: o poder que che dá o saber que ti non es diferente, senón único e especial e que por iso debes estar orgulloso e non debes deixar nunca de ser ti mesmo. O poder que che dá o saber que o que necesita burlarse de alguén para ser feliz, non mostra superioridade como el cre, senón só mostra as súas carencias. E por tanto debemos sentir mágoa por él.

Moitas gracias Laura e Enma por esta didáctica elección.

Contamos con vós para a seguinte!


 26 Novembro

Todos ao día co KOHA!


A automatización dunha biblioteca, a súa orde e en consecuencia a súa eficiencia van unidos da man.

Pero a súa automatización será inútil se os seus usuarios descoñecen o modo de xestionala. É por iso que, a profesora María fíxonos un breve repaso de todo o que o sistema require e dalgunhas normas esenciais para poñernos ao día e lograr converter este importante espazo nun lugar efectivo de procura, consulta e goce de todos os seus fondos.

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e á profe María por dedicarnos este tempo extra para poñernos ao día.

Por unha Biblioteca mellor!


martes, 26 de noviembre de 2024

 25 Novembro

Xa volveu a actividade!

Tras a súa apertura, a Biblioteca volveu a retomar a súa frenética
actividade semanal!

 Gracias pola vosa acollida!!


jueves, 21 de noviembre de 2024

 30 Outubro

Chegou Outubro! Abriu a Biblioteca!

Tras unhas longas semanas de preparativos, a espera chegou ao seu fin e os ávidos lectores
puideron mergullarse finalmennte nas ansiadas aventuras escondidas nas súas lecturas preferidas.

Foron semanas de moito traballo pero lográmolo.

Leolo quere darvos as grazas a todos os que colaborastes coa vosa paciencia na última semana. E, en especial, aos auxiliares que decidistes poñer un pouquiño do voso tempo ao servizo dos vosos compañeiros para conseguir que este siga sendo un agradable recuncho de lectura e encontro para todos.

https://view.genially.com/673e5c81c2f2bf4acd2af75a/presentation-chegou-outubro-abriu-a-biblioteca