martes, 31 de octubre de 2023
27 Outubro 2023
"Contacontos de Familias", un éxito rotundo!
Este venres inaugurouse a nova proposta da Biblioteca:
![]() |
"Contacontos de Familias".
A obra elexida foi:"As veces mamá ten tronos na cabeza", de Beatriz Taboada.
Parabéns á mamá que deu o primeiro paso, polo seu éxito e pola súa valentía ao enfrontarse a primeira a este novo reto!
Esperamos que esta nova senda para
captar a atención dos pequenos lectores sexa efectiva e anímelles a amar a
lectura como o fan as súas familias!
Moitas grazas á valente mamá e a todas as
familias que a acompañaron nesta estrea.
Moitas grazas á valente mamá e a todas as familias que a acompañaron nesta estrea.
Xa esperamos con ansia o segundo encontro!
domingo, 29 de octubre de 2023
26 Outubro 2023
Que éxtase de semana!
Leolo visítanos!
saudando a Leolo: desde os máis pequeniños que o visitaban por primeira vez anonadados ao verse rodeados de tantos libros, ata os máis veteranos que esperaban con expectación o momento de ver como quedara o seu lugar favorito tras a nova reestruturación, e volver atoparse cos seus libros preferidos. Pero o que ningún deles esperábase era atoparse cun feito insólito que causaría gran axitación entre os máis miúdos: Leolo visitounos! E é que, este curso,

23 Outubro 2023
Inauguramos a Biblioteca!
Que nervios! Que emoción! Xa ninguén podía esperar máis! Hoxe deu
comezo a semana de inauguración!
Leolo vestiu de festa a súa Biblioteca para este gran momento e así a atoparon os afortunados primeiros visitantes: unha entrada
espectacular de brillo e cor para darlles a benvida! A lousa do proxecto “Artellando no chouzo”
17 Outubro 2023
"ARTELLANDO" no Chouzo!
Continúa o bule bule da Biblioteca!
E transmítese a todo o colexio!
Os corredores énchense de carteis anunciando o que se aveciña!
Pero só dentro e fóra da biblioteca? E nas aulas?
Tamén!
Así se prepararon os potenciais lectores de 3 aniños, coa súa profesora Maribel, para coñecer á súa mascota favorita: Leolo! Facendo honra ao novo proxecto, xa se puxeron a "Artellar" e modelaron un Leolo propio moi peculiar!! Parabén artistas!!

E é que o novo proxecto da Biblioteca anima a
todos á acción e vén cargadiño de novidades e sorpresas!
![]() |
Ánimo! Falta menos!
10 Outubro 2023
Xa estamos de volta! Menudo traxín!
Achégase o día tan esperado:
A reapertura da nosa Biblioteca!
Unha reapertura chea de sorpresas!
E todo ten que estar a punto para recibir de novo aos ávidos lectores que con tanta ansia esperan para visitala! O equipo funciona a toda máquina! Todo está xa preparado:
Os libros debidamente colocados nos seus andeis; os novos clasificadores no seu punto correspondente para facilitar que non haxa equívocos (A orde é moi importante! (Cada libro debe estar no seu lugar, non o esquezamos!); os novos pasaportes esperan xa aos seus donos; as mochilas viaxeiras están xa listas con novos libros e algunhas novidades (non só para os pequenos lectores senón tamén para os seus papás: unha carta de Leolo, o “Decálogo dunha Familia comprometida coa Lectura”e algúns "consellos" especiais para momentos especiais do día a día en familia)…
E as invitacións ás familias?
Tamén enviadas! E é que unha das innovacións de este curso é que habrá unha sesión moi especial na Biblioteca os últimos venres do mes pola tarde: "CONTACONTOS DE FAMILIAS" !
Que emoción!
Os titores xa recibiron
a vosa carta de invitación!
Soamente queda esperar un pouquiño! Un nada!
Ánimo!