jueves, 2 de abril de 2020

2 Abril 

"Dia Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil", na casa, con An Alfaya.

Este ano a celebración coincide cunha situación moi especial. As librerías, editoriais, e autores de Literatura Infantil e Xuvenil ( LIJ), fan moitas propostas para celebralo desde casa vía online, twiter, Instagram...
Encontros con autores, narracións de autores... todo un mundo de iniciativas para que en ningún recuncho deixe de promocionarse a lectura no seu día: o Día da Literatura Infantil e Xuvenil!

Neste enlace podedes encontrar toda una gama de ofertas:

Elixide a/as que máis vos gusten e... a ler!!

A nosa imparable compañeira Ángeles Escribano facilitounos unha mostra desta iniciativa: un vídeo no que a querida escritora viguesa An Alfaya regala a todos os seus lectores, con moito cariño, algúns relatos do seu libro "Soleando":

Moitas gracias, Ánxeles, unha vez máis.
e Noraboa a An pola súa exitosa obra e 
moitas gracias por este vídeo tan emotivo.

¡Feliz Día da Literatura Infantil a todos!




No hay comentarios: