martes, 25 de diciembre de 2018

Recomendacións de lecturas

21 de Decembro

O segundo mellor agasallo

O mellor agasallo que podemos facer á nosa familia e amigos é a nosa compañía, o noso agarimo e o noso apoio incondicional.
E o segundo mellor agasallo?
O segundo é, gozar dun momento de alegría, de pracer, de aventura, de diversión, de aprendizaxe de novos coñecementos...!

Só hai un lugar onde caben todos  estes momentos e na talla e formato adaptado ao gusto de cada un:  un  libro!

Por iso, atrevémonos a facervos un par de suxestións  de entre as moitas que tedes ao voso alcance (xa sexa na Biblioteca Pública, na librería ou... como opción para a lista de peticións a realizar aos Reis Magos.

Sexa cal sexa a vosa elección ... Disfrutádea!


20 de Decembro

Un fermoso e orixinal agasallo: unha árbore de Nadal moi viguesa.

Colaborando co noso proxecto anual: "Coñezo Vigo. Coñezo ou meu barrio", as monitoras do Taller de xogos, sorprendéronnos cun fermoso agasallo: unha peculiar árbore de Nadal,  única e exclusiva

Non hai outra igual, xa que, os seus tradicionais adornos e bólas de cores, foron substituídos por orixinais mostras dos monumentos e lugares emblemáticos da cidade que con gran detalle realizaron os seus alumnos.  

Parabéns  ás monitoras e ao alumnado e moitas grazas por colaborar dun modo tan especial co proxecto.




Moitas grazas, parabéns pola vosa orixinal obra e Bo nadal !   a todo o persoal e ao alumnado

18 de Decembro

O Nadal chega á Biblioteca


Arbolitos, anxiños, estrelas... chegan a nosa  Biblioteca da man das nosas dilixentes Auxiliares para   felicitarnos a todos o Nadal.


O Equipo de Biblioteca desexa a todos os seus usuarios e a toda a comunidade educativa unhas felices festas de Nadal.


Moitas gracias pola vosa colaboración Sofía e Aitana

viernes, 14 de diciembre de 2018

Novos títulos, novas emocións, novos coñecementos, novas aventuras...

Se che falaron da chegada dun novo hermanito, e preocúpache que vaia a vir "para quedarse"... temos un libro que che gustará:  Tú y yo. El cuento más bonito del mundo"

Se es un deses que pensa que ser castigado o fin de semana sen xogo electrónico é o fin do mundo,  ou pasar as vacacións no pobo dos avós, sen maquinitas nin centros comerciales, é unha tortura... olla  "Un gran día de nada". Nas súas páxinas descubrirás un gran segredo: "estar vivo" implica sentir, e hai un enorme mundo de sensacións que nin o máis moderno videoxogo poderá transmitirche xamais. 

Se o que queres é viaxar ao redor do mundo sen moverte da cadeira, "Atlas de cociña" é a túa mellor opción:  coñecerás outras culturas e tradicións da man da súa gastronomía. Divírtete aprendendo sobre eles e ... ¡atrévete a cociñalos! 



Se o que a ti che fascina  son os datos curiosos da natureza: "Naturaleza viajera" o  "El maravilloso mundo de los insectos"... podrán saciar a túa curiosidade...   

 Chegaron novas obras á Biblioteca   busca no expositor de novidades o título que se adecúe ao teu interés, rexístrao e disfrútao .

O Club de Lectura reúnese de novo.

O comenzo da semana, a profe Rocío, pasou revista ao ritmo lector dos seus membros cunha pregunta que non pasou desapercibida  nin a propios nin a estranos. Sería unha pregunta trampa

Hoxe puideron descubrir a índole da devandita cuestión, pois se reuniron para a segunda sesión de "Manolito Gafotas". 
Ninguén quería perderse a cita. As súas expectativas foron cumpridas. Foi un gran éxito.

miércoles, 12 de diciembre de 2018

Chegou a primeira maqueta!

Valentina (2º A) nos muestra orgullosa el Puente de Rande

Hoxe foi un gran día! 
Valentina  (2º A) e Juan, o seu papá,  proporcionáronnos a primeira maqueta dun importante símbolo de Vigo: a Ponte de Rande.  

Esperamos que sexa a primeira dunha gran lista de achegas. 

Moz@s animádevos e animade á vosa familia!!.

Como sabedes, con todas as maquetas realizarase unha gran exposición que poderá visitarse nas datas que, chegado o momento, se determinen.

Moitas gracias Valentina
Moitas gracias Juan



Novo material sobre Vigo

Titores, alumnos, amigos de Vigo...  non deixedes de pasar pola Biblioteca e visitar a nova sección  do expositor: 

 "Para coñecer máis sobre Vigo, a miña cidade".  

Alí encontraredes información interesante e curiosa sobre os cidadáns, puntos clave do seu entorno como as Illas Cíes ou a illa de San Simón, a arte vinculada coa cidade... e moito máis. 

-----    ******  ----------------------------------**** -----

E recordade que no rellano da primeira planta do edificio principal seguen a aparecer novas moi curiosas, cada día, na sección:  
"Qué está pasando en Vigo".  
Axuda a completala para manternos ao día e non deixes de votarlle unha ollada  sempre que podas para saber o que está a suceder ao teu ao redor.


sábado, 8 de diciembre de 2018

5 Diciembre

El repaso de los Derechos Humanos, los Derechos del Niño y la Constitución Española ha llegado a su fin.

En la Biblioteca, los últimos participantes apuraban
su consulta a la Constitución Española, horas antes
de que el plazo de participación  en el Concurso
"Nuestros derechos. Nuestros Deberes"expirase.  

Ya tenemos ganadores: Carmen, Pablo, Diego, Esteban, Paola, Esther, Xabi y  Gael  ¡Enhorabuena!

Y enhorabuena, también a todos los demás participantes que, si bien han fallado alguna pregunta, han estado muy cerca de alzarse con el premio. 

No olvidemos que todos ellos han ganado ya el premio más importante: el conocimiento adquirido al repasar estos temas para el concurso. Mucha suerte a estos sabios ávidos de cultura.

domingo, 2 de diciembre de 2018

30  de Novembro

"Qué está pasando en Vigo?"


Estreamos nova sección.

Vivimos nunha cidade que cambia, que evoluciona... unha cidade en movemento continuo que xera noticias todos os días.
A partir de xa, tedes un recuncho no que todos vós poderedes compartir todas aquelas noticias, sobre Vigo ou relacionadas con Vigo, que vos chamen a atención: artigos de prensa, artigos de internet, de televisión, de radio… todas aquelas noticias positivas e/ou construtivas que reflictan o que ocorre na cidade de Vigo.
Todos aqueles que queirades estar ao día do que ocorre na vosa cidade, só tedes que darvos unha volta polo rellano da primeira planta (entrada de  ciclo) e gozar da nova sección de noticias:

 “Que está pasando en Vigo?”

 Zoe, Zaira e Brais, de 2º A, trouxéronvos xa as primeiras noticias fresquiñas para vós.  

Non  volas perdades!  Mantédevos ao día!
Na vosa cidade ocorren cousas e agora tedes a oportunidade de compartilas

Aporta tamén as túas novas!  

E, visíta a sección con frecuencia!


27 de Novembro

Os principais monumentos de Vigo chegan ás aulas de 2º

Grazas á mamá de Antón (alumno de 2º A), todos os compañeiros de 2º gozaron coñecendo dun modo moi lúdico, as construcións máis emblemáticas da cidade

Uns momentos moi divertidos á vez que instructivos


Moitas gracias Silvia!