miércoles, 27 de enero de 2021

MÉRCORES DE RECOMENDACIONS COA PROFE ANXA

Boas tardes a todos e a todas! Que tal estades a pasar esta semana? Esperamos que ben! Hoxe, para alegrarvos o día, traémosvos unha nova recomendación da nosa profe Anxa de 2º A.

Anxa tráenos un dos grandes clásicos do cómic, un formato que aínda ninguén nos recomendara e que nos encanta. Se aínda non o coñecedes, é o voso momento! Doutra banda, a súa recomendación cinéfila trasládanos a unha época moi bonita, na que nos levabamos o cinema ás nosas casas en formato cinta. Moitas grazas a Anxa polo agarimo que lle puxo a este marabilloso vídeo!



Un saúdo
O equipo de biblioteca

miércoles, 20 de enero de 2021

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COS PROFES MARTA, ÁNGELA E JUÁN

Bos días mozos e mozas!
Que tal estades? Benvidos/ as a outro mércores máis de recomendacións lectoras e cinéfilas.
Este mércores son tres os profes que se animaron a preparar un vídeo-presentación para todos vós. Imos alá!
En primeiro lugar, a nosa profe de inglés, Marta, tráenos unha recomendación lectora que nos traslada a unha época moi interesante da historia. Así coma unha película que é un clásico dos 90, coa que estamos seguros gozaredes unha chea. Moitas grazas a Marta polo vídeo tan chulo que preparou, e por contarnos un pouquiño máis sobre ela!


Hoxe traémosvos a recomendación da profe Ángela de 3º B de primaria. A súa recomendación literaria é un libro precioso que se sitúa nunha das contornas naturais máis bonitas de Galicia. Moitas grazas a ela por darnos a coñecer este fermoso libro, e por esta presentación!
Por último, o profe Juán achéganos ao mundo da literatura con dúas recomendacións que farán as delicias dos máis lectores. A maiores, a súa recomendación cinéfila é unha película baseada nunha novela de Eduardo Branco Amor, sabedes cal pode ser?. Moitas grazas a Juan polo seu vídeo e por deixar que o coñezamos un pouco máis.


Un saúdo
O equipo de biblioteca

miércoles, 13 de enero de 2021

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COA PROFE SUSANA E O PROFE NOEL

Boas tardes nenas e nenos do Chouzo!

Como estades? Esperamos que as vacacións de Nadal servisen para coller moitas forzas para este novo ano que comeza!
No cole cremos que a mellor maneira de recibir un novo trimestre é recomendando algunha lectura ou película que os nosos profes descubriron no seu momento, e que agora pensan, poden resultarvos interesantes.
Así que, esta semana traémosvos as recomendacións da profe Susana de 3º A, quen a través dun vídeo espectacular cóntanos cal é para ela a súa lectura imprescindible de todos os tempos. Obra que por certo, ten unhas ilustracións fermosísimas. Atentos e atentas ao vídeo, que hai sorpresas! Moitas grazas á profe por descubrirnos un pouco máis dela, e por esta recomendación lectora!




E esta vez, por partida dobre, o profe Noel de Educación Física tráenos tamén as súas recomendacións: un libro que xa é hoxe un dos clásico da literatura xuvenil, e outro con perspectiva de xénero, onde as mulleres son as protagonistas. Na parte cinéfila Noel descóbrese como amante do deporte en todas as disciplinas e recoméndanos unha película que, no seu momento foi un auténtico taquillazo. Tomade nota!

Moitas grazas ao profe polos seus imprescindibles e por dedicar un ratiño do seu tempo a preparar este vídeo!



Escaneando o CÓDIGO QR poderás descargar o libro de Niñas a leyendas









Un saúdo
O equipo de biblioteca