viernes, 22 de octubre de 2021

ABRIMOS DE NOVO AS NOSAS PORTAS

 Boas tardes mozas, mozos e familias do Chouzo!

Alguén sabe que día é hoxe?

Pois...o Día da Biblioteca!! Aproveitando esta conmemoración, anunciamos que a biblioteca, este curso 2021-2022, por fin abre as súas portas.

A partir do luns 25 de outubro, polas tardes, de 16:00 a 17:00, poderedes vir coas vosas familias a coller libros e películas. Debido á situación socio-sanitaria que estamos vivindo, a alumna ou o alumno, soamente poderá vir acompañado dun membro da unidade familiar.


Un saúdo


O equipo de biblioteca.

lunes, 21 de junio de 2021

ÚLTIMAS RECOMENDACIONS DO CURSO 2020/2021!

Ola mozos e mozas do  Chouzo! Que tal estades? Imaxinamos que agora que se achega o verán, desexando empezar as vacacións para descansar e tomar forzas para o curso que vén! 

Desde o equipo de  biblio queriámosvos dar as grazas por acompañarnos durante este curso escolar, así como tamén, queriamos darlles as grazas a todas as nosas  profes polo traballo tan bonito que fan a diario e por participar con tanta entrega das actividades que lles propoñemos! 

Hoxe, como broche final dos nosos mércores de recomendacións traémosvos dous vídeos. O vídeo da nosa  profe Victoriae o vídeo da nosa querida directora, Pili. Felices vacacións!


 Vémonos á volta!


                                              





Por aquí deixamos o link ao trailer da película que nos recomenda Pili "Los Mitchell contra las máquinas": https://www.youtube.com/watch?v=L9U5cDaKGIM

O equipo de biblioteca

miércoles, 2 de junio de 2021

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COA PROFE LORENA

Ola mozos e mozas do  Chouzo!

Que tal estades? Estabámosvos esperando! 

Un novo mércores, xa sabedes, unha nova recomendación.

Esta vez, da man de Lorena, a profe de PT. Ela preparou para vós este fantástico vídeo onde recomenda unha chea de cousas  chulísimas! Esperamos que vos guste! Moitas grazas á nosa  profe por estas fantásticas ideas de lectura e cinema!


Un saúdo

O equipo de biblioteca


miércoles, 26 de mayo de 2021

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COA PROFE MERCE E A PROFE ELENA

Bos tardes mozos e mozas do Chouzo!

Que tal vai a semana? Seguro que cada día con máis ganas de verán!

Xa sabedes que van quedando poucas recomendacións que ofrecervos, hoxe atesouramos dúas máis.

A primeira é a de nosa  profe Mercedes de relixión, no seu vídeo ensínanos unha chea de contos e libros de literatura clásica que son un imprescindible de calquera biblioteca. Na nosa temos uns cuantos, así que se queredes pasarvos a por algún xa sabedes! Moitas grazas á  profe  Merce polo seu bonito vídeo!



O segundo vídeo é o de Elena, a nosa orientadora. Neste vídeo temos unha chea de recomendacións para os pais e as nais que queiran entender un pouco máis aos seus fillos e fillas, neles seguro que atoparán respostas a moitas das súas dúbidas. Mil grazas a Elena por este vídeo e por estas recomendacións que estamos seguras serán de moita utilidade.




Un saúdo

O equipo de biblioteca

miércoles, 12 de mayo de 2021

Mércores de recomendacións coa profe Patri

Benvidos mozos e mozas a outro mércores de recomendacións!!


Cada vez son menos os profes que quedan por recomendarnos os seus descubrimentos lectores e  cinéfilos. Este mércores, a nosa profe Patri de Infantil  tráenos un vídeo moi especial, onde nos recomenda un libro para os máis pequenos/as e un libro para as familias, ademais dun curto moi bonito! Grazas a  Patri polas súas marabillosas recomendacións!



Un saúdo

O equipo de biblioteca


miércoles, 21 de abril de 2021

Mércores de recomendacións coa profe Lucía e a profe Cristina

Boas tardes mozos e mozas do  Chouzo!

Que tal vai a vosa semana? Agora que estamos xa no ecuador traémosvos novas recomendacións das nosas profes! Xa son moitas as recomendacións que imos sumando á nosa colección, e desde o cole esperamos que vos estean gustando!

Esta semana é a profe Lucía de 4º A de Educación Infantil a encargada de recomendarnos unha serie de libros dun dos autores máis coñecidos da literatura infantil dos últimos tempos,  Hervet  Tullet. Se non vos soa, botádelle unha ollada, merece moito a pena e aos máis pequenos e pequenas da casa, encantaralles! Moitas grazas á nosa  profe polo seu vídeo!!



Doutra banda, a  profe Cristina de 6º A de Educación Infantil tamén quixo deixarvos a súa recomendación lectora. Un clásico entre os clásicos, que conta con personaxes que son xa referencia da nosa cultura popular, unha pista: un deles é un coello que leva sempre encima un reloxo. Adiviñades? Seguro que si! Esperamos que vos guste este vídeo tan bonito que nos preparou a  profe, moitas grazas a ela!

Un saúdo

O equipo de biblioteca


miércoles, 14 de abril de 2021

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COA PROFE NOE

Boas tardes a todos e todas, canto tempo!
Hoxe recuperamos os mércores de recomendacións cun novo vídeo no que a profe Noe de 4º B de Educación Infantil tráenos dúas recomendacións que nos encantan, e esperamos a que a todos e todas vós tamén!

Moitas grazas a nosa querida profe por este vídeo e estas fantásticas recomendacións!



Un saúdo

O equipo de biblioteca

miércoles, 17 de marzo de 2021

Mércores de recomendacións coa profe Maribel e a profe Carlota

Boas tardes nenos e nenas do Chouzo!

Volvemos cun novo mércores de recomendacións!

Esta vez da man da profe Carlota de 5º A de Educación Infantil. A nosa profe tráevos un conto para os máis peques que seguro que algúns e algunhas aínda teñen por descubrir! Ademais, para os mais maiores tamén deixa unha das súas lecturas favoritas, así como tamén un curto espectacular! Moitas grazas á nosa profe polas súas recomendacións e este fermoso vídeo!


Doutra banda, a nosa profe Maribel de 6º B de Educación Infantil achéganos ao marabilloso mundo da poesía da man dunha autora recoñecida por todos e todas, como é Gloria Fortes. Ademais, a profe déixanos con dúas recomendacións cinéfilas que seguro que fai as delicias de moitos de vós. Moitas grazas por dedicar o seu tempo para facer este fantástico vídeo!

Un saúdo

O equipo de biblioteca

miércoles, 24 de febrero de 2021

Mércores de recomendacións coa profe Cris e a profe Nerea

Boas tardes nenos e nenas do Chouzo!
Que tal estades? Unha semana máis, as nosas profes tráenvos os seus libros e pelis favoritas para que poidades achegarvos á lectura e ao cinema a través dos seus propios gustos. Esta segue sendo unha bonita maneira de coñecer aos nosos docentes un pouco máis!
Esta semana chegou a quenda de nosa profe Cris de 1º A de Primaria, as súas recomendacións non pasarán desapercibidas e son moi necesarias. Estamos seguras de que gozaredes escoitándoa, moitas grazas á nosa profe por descubrirnos un pouco máis dela e por dedicarnos un ratiño tan interesante.


Doutra banda, a profe Nerea de 5º A de Primaria preparou para vós un vídeo onde tráenos dúas recomendacións imprescindibles para seguir avanzando na deconstrucción das nosas diferenzas, e así empezar a valoralas como algo positivo. Millóns de grazas a Nerea polo seu tempo e dedicación!



Un saúdo
O equipo de biblioteca

miércoles, 10 de febrero de 2021

Mércores de recomendacións coa profe Pilar e a profe Grecia

Ola mozos e mozas do Chouzo!!
Outro mércores máis, nosas profes déixannos por aquí as súas recomendacións para que poidades botar un bo intre collendo inspiración para futuras lecturas, e ideas de pelis para ver a fin de semana!
Esta semana a profe Pilar de 1º B de primaria preparou un Genially onde recomenda un dos seus libros favoritos, o cal ten coma protagonista a un neno. A peli que nos recomenda a profe tamén ten como protagonista a un neno e é sen dúbida, unha das películas máis divertidas dos últimos anos. Moitas grazas a Pilar polas súas recomendacións e por este Genially!

Hoxe ademais, a profe Grecia 6º B de primaria tráenos unha chea de recomendacións lectoras, como ela fixo un xogo de adiviñas imos deixar que vexades o vídeo e tentedes adiviñar os títulos dos seus libros favoritos. En canto ás súas recomendacións cinéfilas Grecia regálanos dúas grandes películas, unha delas, pon en valor a figura das mulleres loitadoras e empoderadas. Moitas gacias á profe por dedicarnos o seu tempo e descubrirnos tan boas recomendacións!



Un saúdo
O equipo de biblioteca

miércoles, 3 de febrero de 2021

Mércores de recomendacions coa profe Elena e a profe Laura

Boas tardes mozos e mozas do Chouzo!
Como vai esa semana? Esperamos que xenial! Para facervos o mércores máis levadío traémosvos unhas novas recomendacións das nosas profes do cole. Alá imos!
Abrindo hoxe a entrega de recomendacións traémosvos o vídeo da profe Elena Batán de 2º B de primaria. Ela deixounos unha recomendación lectora que revisiona dándolles un novo punto de vista, os contos clásicos que todos e todas coñecemos. Doutra banda, a súa recomendación cinéfila é nada máis nin nada menos que unha película de 1956. Que non vos de medo o ano, é das películas máis divertidas da historia do cinema. Encantaravos! Moitísimas grazas á nosa profe polas súas recomendacións!


Hoxe traémosvos recomendación por partida dobre, xa que a profe Laura de ARCO tamén quixo deixarvos nun vídeo a película que marcou a súa etapa de primaria, se queredes saber cal é botádelle unha ollada ao vídeo. Nel, tamén descubriredes a súa recomendación lectora, un libro en galego que está situado en Pontevedra. Moitas grazas á profe Laura por deixarnos coñecela un pouco máis!



Un saúdo
O equipo de biblioteca

miércoles, 27 de enero de 2021

MÉRCORES DE RECOMENDACIONS COA PROFE ANXA

Boas tardes a todos e a todas! Que tal estades a pasar esta semana? Esperamos que ben! Hoxe, para alegrarvos o día, traémosvos unha nova recomendación da nosa profe Anxa de 2º A.

Anxa tráenos un dos grandes clásicos do cómic, un formato que aínda ninguén nos recomendara e que nos encanta. Se aínda non o coñecedes, é o voso momento! Doutra banda, a súa recomendación cinéfila trasládanos a unha época moi bonita, na que nos levabamos o cinema ás nosas casas en formato cinta. Moitas grazas a Anxa polo agarimo que lle puxo a este marabilloso vídeo!



Un saúdo
O equipo de biblioteca

miércoles, 20 de enero de 2021

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COS PROFES MARTA, ÁNGELA E JUÁN

Bos días mozos e mozas!
Que tal estades? Benvidos/ as a outro mércores máis de recomendacións lectoras e cinéfilas.
Este mércores son tres os profes que se animaron a preparar un vídeo-presentación para todos vós. Imos alá!
En primeiro lugar, a nosa profe de inglés, Marta, tráenos unha recomendación lectora que nos traslada a unha época moi interesante da historia. Así coma unha película que é un clásico dos 90, coa que estamos seguros gozaredes unha chea. Moitas grazas a Marta polo vídeo tan chulo que preparou, e por contarnos un pouquiño máis sobre ela!


Hoxe traémosvos a recomendación da profe Ángela de 3º B de primaria. A súa recomendación literaria é un libro precioso que se sitúa nunha das contornas naturais máis bonitas de Galicia. Moitas grazas a ela por darnos a coñecer este fermoso libro, e por esta presentación!
Por último, o profe Juán achéganos ao mundo da literatura con dúas recomendacións que farán as delicias dos máis lectores. A maiores, a súa recomendación cinéfila é unha película baseada nunha novela de Eduardo Branco Amor, sabedes cal pode ser?. Moitas grazas a Juan polo seu vídeo e por deixar que o coñezamos un pouco máis.


Un saúdo
O equipo de biblioteca

miércoles, 13 de enero de 2021

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COA PROFE SUSANA E O PROFE NOEL

Boas tardes nenas e nenos do Chouzo!

Como estades? Esperamos que as vacacións de Nadal servisen para coller moitas forzas para este novo ano que comeza!
No cole cremos que a mellor maneira de recibir un novo trimestre é recomendando algunha lectura ou película que os nosos profes descubriron no seu momento, e que agora pensan, poden resultarvos interesantes.
Así que, esta semana traémosvos as recomendacións da profe Susana de 3º A, quen a través dun vídeo espectacular cóntanos cal é para ela a súa lectura imprescindible de todos os tempos. Obra que por certo, ten unhas ilustracións fermosísimas. Atentos e atentas ao vídeo, que hai sorpresas! Moitas grazas á profe por descubrirnos un pouco máis dela, e por esta recomendación lectora!




E esta vez, por partida dobre, o profe Noel de Educación Física tráenos tamén as súas recomendacións: un libro que xa é hoxe un dos clásico da literatura xuvenil, e outro con perspectiva de xénero, onde as mulleres son as protagonistas. Na parte cinéfila Noel descóbrese como amante do deporte en todas as disciplinas e recoméndanos unha película que, no seu momento foi un auténtico taquillazo. Tomade nota!

Moitas grazas ao profe polos seus imprescindibles e por dedicar un ratiño do seu tempo a preparar este vídeo!



Escaneando o CÓDIGO QR poderás descargar o libro de Niñas a leyendas









Un saúdo
O equipo de biblioteca